Tutelados
Mércores, 30 de Marzo, 2011O cabreo mostrado polo alcalde de Lugo é un exemplo do malestar con esta nova normativa, que realmente é máis propia dunha democracia emerxente que dun país que dá leccións de talante e ética polo mundo adiante. Claro que se temos en conta o nivel de caradura que algúns políticos demostran á hora de facer balance do seu traballo é lóxico que desde a xunta electoral central se optase pola vía coercitiva.
De todos os xeitos, unha cousa é crer que a nosa clase política necesita estar tutelada para evitar desmáns e outra advertir por lei aos medios de comunicación privados sobre como deben dar a información electoral. O dito, logo de tres décadas, aínda somos unha democracia en construción.