Liñares, un líder na sombra
Mércores, 31 de Outubro, 2007Despois de perder a batalla no seu partido en busca da cobizada presidencia da Deputación de Lugo semella que Francisco Fernández Liñares, considerado a man dereita de José López Orozco nestes oito anos á fronte da alcaldía de Lugo, parece que vai ter como premio á súa lealdade a presidencia desa nova confederación hidrográfica. Pero antes de marchar para Ourense, Liñares semella querer deixar pegada na súa cidade e por iso esta semana na que exercía de alcalde en funcións desatou a polémica cunha proposta radical para acabar co botellón na muralla: pechala con portas pola noite. A idea provocou un rechazo a esta medida case unánime e mesmo Orozco tivo que mandar unha mensaxe tranquilizadora desde Arxentina. Esperemos que como presidente da CHM Liñares modere os seus plans, porque este home ata é capaz de poñer valos nas beiras do Miño para evitar que alguén o contamine.