Posts etiquetados ‘Wikileaks’

Toupas

Mércores, 27 de Novembro, 2013

Pep Guardiola ten desafiados aos xogadores do Bayern Múnich de que cando colla á toupa que lle está a filtrar a un xornal a súa estratexia de cara aos partidos vaille curtar a cabeza. Se chego a estar nese vestiario seguro que o entrenador que din que mexa colonia apuntaría contra min, porque nesas tensas situacións nas que se busca a quen falou de máis, non me digan por que, pero dame por poñerme colorado malia non ter culpa.

E non é que teña vocación de traidor coma o filtrador muniqués, aínda que sí me identifico con esa horda de soplóns que non sabe aguantarse sen soltar un segredo, por moi pueril que sexa. Pero sobre todo entendo ás toupas, porque somos os xornalistas, e por engadidura a sociedade, os que nos beneficiamos desa incontinencia verbal dos que manexan información privilexiada.

Por iso ata sería capaz de promover a ONG Toupas sen Fronteiras para defender esta especie que, aínda que non está en perigo de extinción, sofre o acoso dos que ven aireadas as súas vergoñas e mesmo algúns acaban con condenas exemplarizantes como o soldado Bradley Manning, que sacou á luz a barbarie das tropas aliadas en Afganistán e Irak, ou teñen que pedir asilo, como o dono de Wikileaks, Julian Assange, ou o extraballador da CIA Edward Snowden. A todos eles lles teño admiración e tamén envexa, polo a gusto que quedan despois de largar.

Wikileaks

Mércores, 27 de Outubro, 2010
A verdade absoluta non existe, segundo Nietzsche, e en base a esta premisa a sociedade elevou a mentira a un status que a blinda fronte á reprobación. Exemplos de embustes ao pobo saen a diario de boca dos políticos, que cando se ven desenmascarados son incapaces de recoñecer os seus erros e recordan outras patrañas dos seus rivais. Internet tamén se converteu en paraíso de infundios e calumnias, aínda que a súa capacidade de convicción é aínda limitada. Con todo, este incontrolable instrumento de comunicación pode converterse en aliado da verdade e un caso que está levantando bochas desde fai meses é la páxina Wikileaks, un portal que recibe doazóns de información confidencial ou secreta que, unha vez contrastada -segundo os seus creadores- é posta a disposición do gran público. A publicación nesa páxina das barbaridades cometidas na Guerra de Irak polos chamados ‘gardiáns’ da democracia deixou pasmado ata ao presidente Obama, que aínda no saíu á palestra a desmentir ou pedir perdón pola matanza de miles de civís inocentes. Do mesmo xeito que wikileaks, miles de xornalistas buscan a diario a verdade para contala e a algúns vailles a vida niso -35 no que va de ano-. Queda pois marxe para a esperanza.