Imputados
Mércores, 13 de Abril, 2011A política debería ser como un autobús de liña, no que os que baixan deixan sitio aos que soben, aínda que non sempre é así e hai quen a asume como profesión para toda a vida. Dise por exemplo que Manuel Fraga se subiu na súa vintena a un coche oficial e ninguén foi capaz de baixarlo ata hoxe, para ben ou para mal.
Fai días un político retirado confesábame que deu o paso de entrar no público pensando, sobre todo, na soldada e na pensión de xubilación. Un arrebato de sinceridade a touro pasado, pero á fin e ao cabo unha verdade da boa, como din eses auténticos ácratas aos que chamamos nenos.
Agora acabamos de saber que os dous grandes partidos presentan nas súas listas electorais a persoas imputadas en sumarios xudiciais, entre eles un presidente autonómico que seguramente arrasará a uns desabridos rivais. Os seus líderes, aínda máis indolentes, asumen con flema a vergoña de compartir siglas con quen non merece estar ao coidado da caixa de todos e renuncian a obrigarlles a baixarse antes da seguinte parada para non perder viaxeiros.
Non creo que a política sexa só unha cuestión de privilexios, diñeiro ou poder polo feito de mandar, aínda que moitos se empeñen en facérnolo crer así.