Sin City
Mércores, 1 de Xuño, 2011Será que o estar rodeado de murallas acabounos por reducir a un oasis nese deserto no que se está convertendo a Galicia interior, pero o descoñecemento que se ten da capital lucense no exterior podería alarmarnos aos que a habitamos se non fose porque temos asumido que se algún día a administración decide borrarnos do seu mapa, sobreviviriamos durante anos cultivando hortos urbanos e bebendo os augardentes acumulados no moble bar.
Só a crónica xudicial parece espertar o interese allende as nosas fronteiras, aínda que é tal a lea que montaron desde o terceiro poder que cando un trata de explicar ao forasteiro que a un tempo están procesados proxenetas, políticos, médicos, policías ou empresarios acusados de saltarse un centenar de artigos do código penal, a medida que se vai relatando un comeza a quitarlle ferro ao asunto para non converter á vella Lucus Augusti na Sin City (cidade do pecado) galega do século XXI. Porque no fondo case prefiro que Lugo sexa vista desde fóra como unha cidade que cheira a vaca, que só sae en televisión cando neva, onde os mozos provocan baixadas de tensión ás mozas por falar galego e onde manda máis o bispo e o presidente do Círculo que o alcalde ou o subdelegado.