Aquel marzo
Xoves, 3 de Marzo, 2011Cúmprense dous anos da tan axustada como inesperada maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións autonómicas. Aquel 1 de marzo de 2009 Galicia apostou por un cambio de timón que desencadeou, por unha banda, nunha crise de liderado nos anteriores socios do bipartito e, por outra, nunha serie de decisións de goberno que, con todo, non serviron para atopar o camiño acertado para saír da recesión económica.
Feijóo non achou, como auguraba durante a súa campaña, a fórmula máxica para evitar a destrución de emprego, aínda que ao seu favor conta con que o resto de presidentes autonómicos tampouco o lograron. Si é verdade que polo menos traballou no desmantelamento desa administración paralela e ás veces duplicada, inviable en tempos de austeridade, un adxectivo co que parece quere que se lle recorde, como ao eremita San Francisco de Paula. Claro que este afán de contención do gasto acabou afectando aos alicerces do benestar gañado como a sanidade, a educación, os servizos sociais, ademais de seguramente ao propio emprego. A pesar disto último, Feijóo ten por diante un camiño franco en tanto a oposición non consiga enderar o seu rumbo e ata os seus palmeiros veno na Moncloa en catro a cinco anos. Pois non diría eu que non.