Perfil de goberno

A decisión anunciada onte por José Luis Rodríguez Zapatero de renovar parcialmente o seu gabinete de cara á nova lexislatura vén a definir dalgún xeito o modelo de gobernante que quere ser, posto que o perfil de equipo pode axudar a converter en éxito ou fracaso a nova etapa. Neste caso, o presidente do Goberno optou por un equilibrio a tres bandas, con pesos pesados herdados do felipismo, como Solbes, Rubalcaba e Fernández de la Vega; fieis colaboradores como Sebastián, Chacón, Bermejo ou Moratinos, e cotas territoriais ou de xénero, como o alcalde de Hospitalet, ou as ministras de Innovación e Igualdade. Eso si, quédanos sen despexar a dúbida de en que capítulo introducir a Maleni Álvarez, unha excepcionalidade ben difícil de entender.
A mágoa para os socialistas lugueses é a de non ter ao seu líder espiritual, José Blanco, nese equipo, aínda que a realidade é que o político de Palas ten a suficiente influencia como para estar cando queira á fronte dun ministerio. En canto aos galegos, ademais de Elena Salgado, que se presentou por Cantabria, seguen Molina e Espinosa, que ademais asume Medio Ambiente, unha decisión que seguramente alegrará ao lucense Francisco Fernández Liñares, que agora si que semella que ten asegurado o posto de presidente da Confederación Hidrográfica do Miño.
Cando se faga efectiva a súa marcha, outro socialista, José López Orozco, tamén terá que facer, ao igual que Zapatero, unha renovación do seu goberno, coa entrada dun novo concelleiro e coa readxudicación de competencias. A seguinte na lista sería a ex concelleira de Xuventude Rosana Rielo, que quedou fóra do Concello tras perder o PSOE a maioría absoluta nas últimas eleccións municipais.
A socialista déixase ver moito ultimamente polos plenos e actos do partido, o que fai supoñer que pode voltar á corporación, malia que ata hai pouco apuntábase que podería renunciar en favor da seguinte na lista, Nuria Mundiña.
Pero a gran decisión de Orozco neste caso é a quen adxudicarlle unhas competencias tan importantes como son Urbanismo e Zona Rural. A primeira, porque aínda está sen aprobarse o PXOM, e a segunda, porque os votos das
parroquias son os que máis axudaron no seu día ao PSOE a converterse en primeira forza no municipio. O PP xa conseguiu rabuñar apoios nas últimas eleccións, polo que a persoa que se encargue deste área ten a responsabilidade de parar esa sangría. Así pois, López Orozco ten entre mans todo un reto, armar un novo equipo, como xa fixo Rodríguez Zapatero, aínda que este non sexa tan glamuroso nin teña tanta repercusión mediática.

5 Comentarios a “Perfil de goberno”

  1. O blog de Paz Abraira » Blog Archive » Orozco, o plan xeral e o novo goberno

    [...] fin de semana saía nun medio de comunicación unha comparación entre o novo goberno de Zapatero (por certo, que pouco temos avanzado en igualdade cando a gran [...]

  2. xbp

    O 9 de marzo, fumos a votar e o pobo deulle de novo a confianza a ZP. El é o que recibío o encargo de formar Governo no Estado. Pouco me gusta, polo trato que ata o de agora recibimolos galegos, por parte do Ministerio de Fomento Dª Magdalena, esperemos “mais” de está segunda parte, por que a primeira non foí para tirar foguetes – dende logo-, sin infraestructuras non haí progreso, sin progreso non haí traballo, sin traballo a xente marcha, xa o decia Rosalia – Galiza sen homes quedas, que te poidan traballar- , chamaronlle a choroa a Rosalia, seguramente xa en Madrid había algunha Magdalena – non chorando, senon mandando-

  3. Roger Hobbs

    I’ve learned several important things as a result of your post. I might also like to state that there will be a situation where you will apply for a loan and never need a co-signer such as a Federal Student Aid Loan. But if you are getting credit through a common loan provider then you need to be able to have a co-signer ready to allow you to. The lenders can base their very own decision on the few components but the biggest will be your credit score. There are some creditors that will as well look at your work history and choose based on this but in most cases it will depend on your ranking.

  4. Anastasia Sullivant

    Thanks for your posting. One other thing is individual states have their particular laws in which affect people, which makes it quite hard for the Congress to come up with a fresh set of guidelines concerning home foreclosure on householders. The problem is that each state features own legislation which may have interaction in an unwanted manner in regards to foreclosure guidelines.

  5. Garage Door Opener Installation

    Normally I don’t read post on blogs, but I wish to say that this write-up very forced me to try and do it! Your writing style has been surprised me. Thanks, quite nice article.