A burbulla estoura
Está máis que confirmado aínda que dende o sector se tente correr a cortina. Pódese utilizar o eufemismo que mellor cadre, ralentización, desaceleración, axuste do mercado, normalización do crecemento… O caso é que a chamada burbulla inmobiliaria xa estourou aló onde comezou a hinchar, é dicir, nas grandes capitais como Madrid ou nas zonas turísticas de toda a vida, como o Levante, e mesmo nas emerxentes, como A Mariña lucense. Alguén quere ver como exemplo desa imposible febre da construción desenfreada á urbanización do Pocero no pobo toledano de Seseña, onde se pretendían levantar máis de 13.000 vivendas nun sequeiro, aínda que das 5.000 xa construídas só se deron vendido a metade. En Galicia, como en todos os eidos, aínda non se dan situacións tan dramáticas, a pesar de que en zonas como A Mariña algún construtor xa devolveu sinais aos compradores e parou o proxecto ao ver que non se vendían pisos. A subida do Euríbor, a excesiva oferta xenerada nos últimos anos, o negocio especulativo no que entraran moitos pequenos inversores ou a negativa dos bancos a seguir dando créditos de alto risco están entre as principais causas deste parón nun sector que, pese a esta considerado como un motor da economía española, andaba nestes últimos anos bastante revolucionado. Agora toca volver ao ritmo de antes, malia que entrementres moitos traballadores irán á rúa, moitos aforradores revivirán o conto da leiteira e os que encheron a carteira nos días de bonanza terán agora tempo para gastar os dividendos. Pura economía de mercado, vamos.
8 de Abril , 2008 - 0:00 am
Xa o dí o refrán, iso de canto máis se sube, másis dura será a caída. Coido que, a pesares da crisis constructora, debemos de alegrarnos. Porque e a única maneira de frear o desmesurado e vertixinoso ritmo de edificación que vivimos tamén na nosa Mariña lucense, lugar fermoso, mentres non o destrocen as urbanizacións. Falando de eso, coido que a veira da Praia das Catedrais, en línea de costa, queren facer unha especie de autovía para alivia-lo intenso tráfico dos turistas que nos invaden. Todo ten a súa cousa boa e a súa cousa mala. ¿Non si?
9 de Abril , 2008 - 0:00 am
¿Los turistas nos invaden? Claro… Y el turismo es colonialismo…
Alguno cuando abre la boca sólo le da por pacer…