Orozco viaxeiro
Menuda semana se acaba de fumar o alcalde lugués a conta da viaxe para asistir a un foro sobre drogodependencias á República Dominicana, un lugar onde o que menos debe apetecer é meterse nun auditorio a escoitar ponencias.
Pois ben, José López Orozco evitou o mal trago de enfrontarse á esperada protesta policial no día da patrona e, por riba, deixoulle ao edil de Urbanismo o traballo de explicarlle aos grupos da oposición a razón de por que non se atenderon algunhas das propostas consensuadas no PXOM para conseguir a aprobación definitiva.
A espantada foi tan sonada que ata un edil do PP mesmo frivolizou sobre o que estaría a facero rexedor no Caribe, mentres os seus mandados estaban a lidiar cos ‘vitorinos’ que saían á praza de dous en dous. Pois ben mirado, ata o alcalde merece o aplauso por terse dado este capricho, tendo en conta que nos últimos anos tivo que sufrir atrancos como a paralización do proxecto do auditorio en San Fernando, o retraso na licitación da nova ponte do Miño ou mesmo a perda da prácida maioría absoluta. De feito, duns meses a esta parte, ata se lle ve máis relaxado e mesmo o feito de non terdó en deixar o consistorio en mans dos concelleiros nos momentos de maior tensión, demostra que algo está a cambiar na personalidade do rexedor, un feito que ata se constata nos comentarios no seu blog persoal.
Agora ben, esta nova afección do alcalde por representar á cidade en foros internacionais, como tamén fará o vindeiro mes de xuño en China, non quita que o mandato que lle queda por diante vai ser un camiño espiñoento, no que ademais non contará coa compaña dun activo tan importante como Francisco Fernández Liñares, que vai presidir a Confederación do Miño, quedando cun equipo de perfil máis baixo cos anteriores e que só pode dar ás á oposición de cara ao futuro.
A sorte que pode ter López Orozco, a quen moitos xa colocan como a Francisco Vázquez nalgunha ilustre embaixada, é que en caso de presentarse ás vindeiras eleccións poida ver rematadas algunhas das grandes obras que impulsou no seu mandato, como o museo da cidade, o auditorio ou a nova ponte. Claro que visto o ritmo de execución que soe ter a obra pública, mellor non facerse ilusión; se acaso, viaxes.
1 de Maio , 2011 - 13:08 pm
I’ve learned a few important things by means of your post. I will also like to state that there can be situation that you will apply for a loan and never need a co-signer such as a National Student Support Loan. However, if you are getting a borrowing arrangement through a conventional financial institution then you need to be ready to have a co-signer ready to make it easier for you. The lenders are going to base any decision using a few variables but the main one will be your credit standing. There are some loan companies that will furthermore look at your job history and make up your mind based on this but in almost all cases it will hinge on your rating.
1 de Maio , 2011 - 21:24 pm
You lost me, buddy. I mean, I assume I get what youre saying. I realize what you’re saying, but you just appear to have overlooked that there are some other people inside the world who see this issue for what it actually is and may not agree with you. You may be turning away a decent amount of individuals who may have been supporters of your blog.
13 de Xuño , 2011 - 11:53 am
I have taken notice that in digital cameras, unique sensors help to maintain focus automatically. The sensors associated with some camcorders change in in the area of contrast, while others use a beam associated with infra-red (IR) light, specially in low light. Higher specs cameras often use a mix of both techniques and might have Face Priority AF where the video camera can ‘See’ a face while focusing only on that. Many thanks for sharing your thinking on this website.
27 de Agosto , 2011 - 19:32 pm
I really appreciate this post. I’ve been looking everywhere for this! Thank goodness I found it on Bing. You’ve made my day! Thank you again