Máis renovación no PP

O presidente provincial do PP de Lugo anuncia o enésimo proceso de renovación no partido. Caras novas, seguindo a estela de Mariano Rajoy co nomeamento de Soraya Sáenz de Santamaría como portavoz no Congreso e quen sabe se o de Gallardón como secretario xeral do partido. Claro que tendo en conta que o PP provincial xa acaba de saír dun proceso de renovación como o que supuxo o enterro do cacharrismo e a renovación de todos os senadores e dun deputado, estaría ben que se aclarase que é o que falta logo por mudar. Quizá sexa este o xeito de adiantarse a calquera voz que pida cambios no vindeiro congreso provincial, que terá que chegar tras a ratificación de Rajoy como presidente nacional e a de Feijoo como líder en Galicia. Como estes dous xa falaron de renovación antes de anunciar que eles seguirán, dase por feito que José Manuel Barreiro tampouco se apeará nesta parada. Que se preparen logo outros… e outras.

Un comentario a “Máis renovación no PP”

  1. Jewel Lico

    I’ve learned a few important things through your post. I’d also like to express that there may be situation in which you will make application for a loan and don’t need a cosigner such as a Federal government Student Aid Loan. But if you are getting that loan through a regular lender then you need to be willing to have a co-signer ready to assist you. The lenders will certainly base their own decision using a few issues but the largest will be your credit standing. There are some lenders that will in addition look at your work history and determine based on that but in most cases it will hinge on your ranking.