Burón dixital

Recórdame o meu compañeiro Ernesto Riveira, que esta semana fixo unha reportaxe na Fonsagrada co gallo da experiencia que suporá o converterse no primeiro municipio español onde se producirá o apagón analóxico, a que foi a miña primeira reportaxe neste centenario xornal, aló polo verán de 1990 -xa choveu-, e que me serviu por certo para visitar por vez primeira esta fermosa vila e capital da montaña lucense.
Daquela a noticia singular que protagoniza sempre unha reportaxe estaba en dúas casas do lugar da Trapa, levantadas na mesma fronteira entre Asturias e Galicia, que daban lugar a situacións curiosas dentro das
familias residentes, xa que mentres a nai facía a comida en terras galegas o pai podía durmir a sesta no Principado, malia a estar a apenas dez metros un da outra.
Tamén aproveitamos daquela o fotógrafo máis eu para descubrir a que fora en tempos capitalidade do municipio, Burón, e na que un extravagante veciño emigrado en Barcelona decidira convertirla nunha especie de cidade do Leste de Europa, con rúas e prazas con nomes de políticos vinculados ao comunismo ou artistas. Así, percorrendo as súas pistas enlamadas atopábamos placas do rueiro da cidade condal adicadas a Lenin, a Mao Tse-Tung ou a de Dostoyevski, que me fixeron imaxinar un Burón vermello, que en realidade non era tal.
Agora esta parroquia é noticia, ao igual que o resto deste fermoso municipio, pola incorporación subvencionada á televisión dixital terrestre, de tal xeito que os veciños que ata agora estaban acostumados a ver só, e con problemas, as dúas cadeas de TVE e A Galega, de repente, e grazas ao decodificador gratuíto poderán ver con calidade o resto de televisións xeneralistas, ademais das novas que se ofertan a través da TDT, a risco eso si de morrer de aburrimento polos contidos que están a difundir.
Hai quen quixo comparar o adianto como unha viaxe dende pasado ao futuro, que se materializará o vindeiro 5 de abril cun acto oficial de desconexión da vella rede de emisores, deixando só en funcionamento os dixitales.
Demasiado optimismo, tendo en conta que a montaña de Lugo aínda ten moito que avanzar para dar por sentado que o século XXI xa ten chegado ata o aló arriba. Eso si, de momento, os fonsagradinos van ser uns privilexiados dentro desa España de segunda velocidade que ve chegar os avances ata as súas casas cando estes xa están desfasados
na metrópoli.

2 Comentarios a “Burón dixital”

  1. software creator ;)

    Hey! Quick question that’s completely off topic. Do you know how to make your site mobile friendly? My web site looks weird when viewing from my iphone4. I’m trying to find a template or plugin that might be able to fix this problem. If you have any recommendations, please share. With thanks!

  2. Emory Guz

    Hey There. I discovered your weblog the usage of msn. This is a very neatly written article. I will make sure to bookmark it and come back to read more of your helpful information. Thanks for the post. I will certainly comeback.