Irmandades
O irmanamento de cidades lonxanas xeográficamente, cunha cultura e linguas distintas, e con pouco en común a maioría das veces, é seguramente unha das mellores ideas que tivo o municipalismo para abrirse a un mundo no que as fronteiras políticas non representan moitas veces a realidade social dos cidadáns. Neste proceso, á marxe das visitas protocolarias dos dirixentes a unha e outra cidade ou vila, prodúcese un intercambio que debería enriquecer inmaterialmente a cada un dos núcleos de poboación implicados. Lugo non quixo ser alleo a estas iniciativas e desde hai anos comparte irmandade con Ferrol ou con Dinan, en Francia, mentres que está representada en foros onte tamén están cidades monumentais. A última experiencia neste sentido é a decisión do Concello de Lugo de estreitar lazos entre a muralla de Lugo e a Gran Muralla China a través do irmanamento con Quinhuandao, a cidade onde ten a orixe o tramo máis importante desta monumental construción.
Logo dun colorista primeiro acto celebrado con autoridades chinesas durante o pasado San Froilán, agora tocaralle o turno a unha delegación luguesa que acudirá en xullo ata a cidade asiática.
A entusiasta iniciativa sería un motivo de fonda satisfacción para os lugueses, como así gustan dicir as autoridades, senón fora polos reparos que debería deparar para os que presumen de defender a democracia o feito de estreitar mans a representantes dun réxime político que estes días é noticia pola represión que está a desenvolver no ocupado Tíbet, onde a censura informativa non deixa coñecer ao resto do mundo os incidentes que se están a desenvolver nas rúas de Lasha. Claro que neste caso os medios extranxeiros son os únicos que se están a facer eco dos incidentes, posto que no territorio chinés, onde segundo Reporteiros sen Fronteiras hai encadeados a lo menos 30 xornalistas, o control informativo é severo tanto nos medios escritos e audiovisuais como na internet, onde o goberno chiñés ata conta coa colaboración de grandes empresas como Google para filtrar contidos subversivos.
Seica gobernos como o de Lugo nin teñen culpa de situacións coma estas e pouco poden facer para cambiar a situación, aínda que tampouco estaría de máis que entre declaración e pasamáns alguén fixera un alegato en favor da liberdade de expresión, porque a primeira regra da irmandade é a solidariedade, e se dalgún xeito os lugueses imos ser irmáns dos súbditos de Quinhuandao, ben poderíamos poñernos na pel dun chinés e recordar a aqueles que están a sufrir persecución nese gran país que tanto nos ten que ensinar e que tamén tanto ten que aprender de nós.
29 de Abril , 2011 - 1:35 am
Do you need more quality backlinks? Is your website under-performin g on the search engines?
29 de Abril , 2011 - 10:45 am
This is a lot better than the Sociable plugin I use on Wordpress. Much better!
29 de Abril , 2011 - 16:09 pm
Awesome MasterPieces!
25 de Xullo , 2011 - 16:36 pm
Fashion’s Night Out: Stella McCartney party, arrivals