Comparacións odiosas

As comparacións son tan odiosas que ninguén se está a resistir a comparar o trunfo de ZP o domingo co de Roberto Chiquilicuatre. Eu tampouco, así que non me resisto a atopar un nexo entre os dous resultados e penso que tivo moito que ver nos dous o efecto salvapatrias. Porque só hai que mirar para o discurso do PP alertando de que España se rompe e o dos eurofans chamando aos españois a impedir que un bromista nos represente diante do infame festival para decatarse de que o único que se está é estimulando a votar ao cidadán escéptico, que xeralmente non participa neste tipo de convocatorias electorais, para que acuda ao seu colexio electoral ou mande un SMS para taparlle a boca ao que, segundo el, o está a tomar por fato. E logo pasa o que pasa, que a dereita sempre ten problemas cando hai alta participación, e que cando se deixa un produto casposo como Eurovisión en mans dos internautas pode pasar ata que unha vaca con cencerro pintada cos cores da bandeira suba ao escenario e gañe o festival. Ao tempo.

Un comentario a “Comparacións odiosas”

  1. Jonelle Shekarchi

    Howdy.This article seemed to be particularly reassuring, particularly given that I’d been trying to find ideas on this specific area of interest previous Tuesday.