Balance esperado

O apuntalamento do proxecto de Rodríguez Zapatero que os españois quixeron facer o domingo ten unha lectura en Galicia que trascende a uns comicios nos que se elixen 23 deputados ao Congreso e 16 senadores, xa que logo de casi tres anos de goberno bipartito na Xunta había máis que interesados rumores que auguraban un adianto electoral para despois do verán en caso de que os socialistas lograsen igualar ou ata superar en número de votos aos populares. Sen embargo e a pesares de que o partido liderado por Alberto Núñez Feijoo sufriu unha caída de case cen mil votos con respecto a 2004, ao PSdeG faltaríanlle aínda 86.000 papeletas para igualar cos populares, polo que seguramente aínda van ter que manter varios anos máis o idilio político na Xunta cun BNG que logrou salvar os mobles e ata subir un chisco nesta convocatoria tan bipolarizada polos debates televisados dos candidatos á Moncloa.
O 9-M deixa logo certo sinsabor nas tres grandes forzas políticas galegas: ao PP, por quedar tocado o proxecto de reconquistar o Goberno galego; ao PSdeG, porque soltar lastre non é tan doado como esperaban, e para o BNG, por non ter rentabilizado en votos o feito de estar gobernando na Xunta, en dúas deputacións e en moitos concellos. Claro que esta lectura non a escoitarán por boca dos seus líderes, que, por suposto, farán unha lectura triunfalista. Non esperabamos menos.

Un comentario a “Balance esperado”

  1. Winfred Riggott

    One thing I would like to say is the fact car insurance termination is a hated experience and if you are doing the appropriate things being a driver you won’t get one. Many people do are sent the notice that they are officially dropped by their particular insurance company they then have to fight to get extra insurance after having a cancellation. Low-priced auto insurance rates usually are hard to get from cancellation. Knowing the main reasons for auto insurance cancellation can help car owners prevent sacrificing one of the most critical privileges offered. Thanks for the strategies shared by means of your blog.