Da e exténdeo
EMAN ta zabal zazu, ése é o lema da Universidade do País Vasco na que me formei durante cinco anos, e que traducido ao galego serían dúas verbas tan benintencionadas como da e exténdeo. E seguro que tamén ésa era a idea coa que un obreiro como Isaías Carrasco Miguel, asasinado onte en Arrasate-Mondragón, decidiu un día entrar en política para ser concelleiro dos seus veciños. Porque se hai algo que enobrece ao pobo vasco é o seu espíritu de compartir e implicarse en todo aquelo que pode supoñer unha mellora xeralizada. Sen embargo, as carencias, a malinterpretación destes valores que están presentes na simboloxía euskaldún ou, sinxelamente, a irracionalidade e o fundamentalismo ideolóxico dunha parte deste pobo é a que dende hai tres décadas ten acubillidado ao resto mentres mantén aberta contra un Estado e unhas institucións unha guerra na que os danos colaterais sempre os acaban sufrindo os máis débiles.
Que ETA voltase a matar e que ademais o tentase en plena campaña electoral era por tanto algo predecible, vista a situación na que se atopa neste momento o conflicto vasco, e o feito de que lle tocase a un político sen cargo institucional e, por tanto, sen escolta, débese á falta de medios e a cobardía dos que ordenan e executan estas accións terroristas. Claro que sendo hoxe xornada de reflexión dunhas eleccións xerais, convertida agora en día de loito como hai catro anos, a ninguén se lle escapa que un feito deste tipo vai influir á hora de ir a votar en moitos españois.
As posturas duns e outros sobre como afrontar esta nova fase de loita contra o terrorismo quedaron bastante ben expostas ao longo dos últimos meses e durante a campaña electoral, así que unha morte máis tampouco debería servir para cambiar a tendencia, pero o feito de que as enquisas deran ata agora un alto índice de indecisos convirte de novo a cita de mañá nunha das máis abertas dos últimos anos.
A mensaxe de última hora era unha chamada xeralizada á participación para contrarrestar a mensaxe abstencionista lanzada desde os partidos próximos ao entorno etarra, aínda que pode que deste xeito se estea tamén a caer nunha trampa, posto que o voto en España, ademais de ser libre, non é obrigatorio, polo que se debe respectar a aqueles que non queren facer súa ningunha das ofertas políticas que se lle presentan.
Esa é xa que logo a grandeza da democracia, a de poder elexir entre aquelas opcións políticas que se nos presentan sen ningún tipo de presións e coa convicción de que votando ou quedando na casa estase a facer un exercicio de liberdade. Do contrario os únicos gañadores serían todos aqueles que buscan corromper esta festa da democracia.
1 de Maio , 2011 - 13:41 pm
One other issue is that if you are in a predicament where you do not possess a co-signer then you may want to try to make use of all of your money for college options. You can find many funds and other scholarship grants that will present you with finances to help you with classes expenses. Many thanks for the post.
10 de Setembro , 2011 - 6:31 am
Which was type of inspiring! Totally surprising. Now I know what I am going to complete tomorrow