Un galego na Moncloa

O eslogan que está a vender o PP en Galicia de cara ao 9-M, aínda que poida recordar aquela cantiga de Zapato Veloz que colocaba un compatriota na lúa, soa a recurso de última hora para tentar convencer ao votante galego sobre unha suposta vantaxe que tería a comunidade autónoma se o líder popular sae elexido presidente do Goberno. Claro que se repasamos o grao de favoritismo na actuación de anteriores mandatarios para cos seus paisanos ata poderíamos darlle a razón aos encargados de facer a campaña popular. Por poñer un exemplo, Rodríguez Zapatero impulsou nos últimos catro anos o AVE a Valladolid e León, de tal xeito que á capital castelán xa chega o tren rápido e está en obras o treito a súa cidade natal, a onde levou un centro de control de tráfico e onde impulsou unha reforma do aeroporto. Pola súa banda, Aznar, madrileño de nacemento pero ex presidente castelán-leonés, tamén fixo bastantes guiños a estas dúas comunidades, sendo as obras máis emblemáticas do seu mandato as comunicacións en Madrid e a T-4 de Barajas. O de Felipe González é máis doado de defender. Os andaluces teñen AVE desde o ano 1992, unha completa rede de autovías e autopistas entre todas as provincias e un desenvolvemento envexable tendo en conta as cifras de paro e alfabetización que sempre a lastraron fronte ao resto de comunidades. Mentres, Suárez e Calvo Sotelo, nos tempos revoltos que atoparon, bastante fixeron con aguantar o tipo. Agora ben, postos a valorar habería que recordar que Mariano Rajoy foi ministro e vicepresidente durante oito anos, pero o balance dese mandato ninguén o fixo aínda público; de momento só se escoitan eslóganes.

3 Comentarios a “Un galego na Moncloa”

  1. Lazaro Novel

    I’ve learned many important things via your post. I’d also like to mention that there can be situation in which you will apply for a loan and do not need a cosigner such as a Federal government Student Support Loan. However, if you are getting a loan through a classic lender then you need to be able to have a co-signer ready to allow you to. The lenders will probably base their own decision over a few elements but the main one will be your credit worthiness. There are some loan merchants that will likewise look at your work history and determine based on that but in almost all cases it will hinge on your report.

  2. Sneakers

    I have caught great websites and I have seen not so wonderful websites. This blog is very informationrmative in many ways and certainloy ranks in the former category. Really appreciate the information your providing use avid readers!

  3. autism disease

    i feel this,If you’re thinking of certification, most people believe that education can be a life long study.