Cabemos ou non
O autobús vai completo, están a dicir os dirixentes do PP nesta campaña electoral para amosar que na pel de toro na que alo menos conviven millóns de persoas, os que non teñan collido a tempo o bono deberían quedar fóra e sen posibilidades para iniciar unha nova vida lonxe da súa terra natal. Pechen logo portas e fiestras e numérense para botar aos que non teñen billete, porque senón hai perigo de que avaríe o vehículo.
Claro que poida que á política de inmigración aínda lle falten uns cantos anos para ser tema estrela dunha campaña electoral en España e quizá o PP esté axitando demasiado cedo unha pantasma que, coas cifras na man, pode deixalos en ridículo. Porque segundo as estatísticas, a man de obra estranxeira que se incorporou ao mercado laboral non só contribuíu a suplir as eivas que había nalgúns sectores, como o da hostalería ou a agricultura, senón que os novos cotizantes á Seguridade Social garanten que non vai ser necesario tocar o fondo de reserva ate mediados da
próxima década.
Se a todo isto engadimos que a chegada de familias inmigrantes, con máis nenos de media, axudan a manter abertas moitas escolas e rexuvenecen a unha poboación española cada vez máis avellentada, só queda o argumento de que as fronteiras son un coladoiro para bandas de delincuentes internacionais. Pois seguramente, pero ese problema vai habelo sempre, porque as mafias teñen unha estrutura ben definida e radicada nos puntos onde actúan, e que só se pode combater cun aumento dos efectivos policiais.
Eso si, se vostede pregunta na tasca a moitos dos que pasan nela varias horas ao día vanlle dicir que aos estranxeiros hai que botalos, porque o único que veñen é a sacarllelo traballo aos españois, un argumento que cunha linguaxe políticamente máis correcta leva a algúns políticos a dicir que aquí xa non cabemos máis. Pois pode que en grandes capitais como Madrid ou Barcelona a presión demográfica estea a xerar problemas aos seus respectivos alcaldes, aínda que ata agora ningún dos dous se viu na obriga de poñer barreiras co cartel de deixen saír antes de entrar.
Sen embargo, si sabemos que máis dun milleiro de aldeas galegas quedaron despoboadas na última década ou que rexedores de pequenos pobos teñen que incentivar económicamente os natalicios ou o asentamento de parellas para non esmorecer. O problema logo non semella ser de falta de prazas senón de como están distribuidas e como se está a reequilibrar o territorio. Se o bus vai cheo, que poñan máis líneas, diría outro.
12 de Maio , 2011 - 5:34 am
I loved as much as you’ll receive carried out right here. The sketch is tasteful, your authored material stylish. nonetheless, you command get bought an edginess over that you wish be delivering the following. unwell unquestionably come more formerly again as exactly the same nearly very often inside case you shield this increase.
30 de Setembro , 2011 - 4:27 am
Great sharing! Thanks for your information. I might also prefer to share you my articles or reviews concerning this topic, hope you’ll like it.