A puntería de Cascos
A declaración de Francisco Álvarez Cascos no xuízo do Prestige deixounos unha cousa clara, que se pode xestionar a maior catástrofe ecolóxica da historia de España desde un posto de caza e co móbil en modo silencio. «Se eu fose útil teña a certeza de que estaría en Galicia», respondeu a preguntas dos avogados o exministro de Fomento, quen coa súa argumentación recordaba a Nerón cantando o Iliupersis mentres Roma ardía.
Pero o problema de Cascos non é que a súa veneración pola deusa Diana sexa máis importante que seguir a pé de praia o naufraxio dun petroleiro, senón as decisións que tomou escondido trala xara. Na súa declaración, dixo que se tomaron as medidas que recomendaban os técnicos e os plans de continxencias, aínda que as súas palabras entran en contradición coas doutras testemuñas e acusados.
O exministro trataba desta forma de xustificar que os políticos son meros observadores durante unha catástrofe, descargándoos de toda a responsabilidade á hora de tomar decisións que ao final resultan nefastas.
No caso do Prestige, quedou demostrado que a solución de afastar o barco da costa, partise dos técnicos ou do propio Cascos, foi a peor das eleccións. Con todo, os afectados pola marea negra non lle piden contas ao exministro pola súa mala puntería, máis ben por non terse dignado nin a pedirlles escusas.

Tags: Álvarez Cascos, caza, marea negra, Prestige
24 de Xaneiro , 2013 - 0:49 am
Non solo non ten puntería, senon que polo visto ademais de a soberbia que lle adorna, é moy mentireiro.
http://www.vozpopuli.com/blogs/2092-juan-zamora-juicio-del-prestige-el-discurso-inane-de-francisco-alvarez-cascos