Topicazos da política
A política crea estranos compañeiros de cama. Ocúrreseme este tópico para definir a ese curioso partido chamado Unión Progreso y Democracia (UPD) xurdido do cabreo da socialista Rosa Díez por non ter logrado o liderazgo do partido en Euskadi e ao que se foron sumando personaxes como Fernando Savater ou Mikel Buesa, que á marxe do respecto que merecen por enfrontarse de cara aos terroristas e aos que os apoian, representan unha caste ideolóxica difícil de catalogar polos manuais tradicionais. Agora en Lugo aparece como testaferro do movemento Francisco Cacharro Gosende, o que fora fillísimo e protagonista tras aprobar unha oposición na Deputación de Ourense dunha polémica con acusacións de nepotismo de por medio que Fraga zanxara ao xeito de don Manuel, afirmando de que de pais con mentes prominentes era lóxico que saíran fillos con máis posibilidades de trunfar. A militancia de quen fóra dirixente das Novas Xeracións do PP nesta formación serve tamén para apostillar outro dito acuñado na política que aclara que o peor enemigo soe estar na casa.
14 de Febreiro , 2008 - 0:00 am
Tes razón en case todo, só unha puntualización pequena. Dirixente das Novas Xeración nunca foi, afiliado sí, nen siquiera militante.
5 de Maio , 2011 - 16:08 pm
Thanks for the various tips discussed on this weblog. I have noticed that many insurance providers offer buyers generous reductions if they prefer to insure many cars with them. A significant quantity of households own several automobiles these days, in particular those with mature teenage kids still residing at home, as well as savings in policies may soon increase. So it will pay to look for a great deal.