Caravana de amor
Daba gusto velos o domingo todos lambidiños na área etnográfica das Pallozas en Cervantes coa esperanza de ver se Cupido se decidía a deplegar as súas ás pola olvidada montaña luguesa en forma de bus cargado de mulleres coa mesma doenza de corazón ca eles, a falta de amor. Pero non puido ser, a prevista caravana organizada por unha productora de televisión galega e o Concello suspendeuse a última hora e a festa acabou sendo unha reunión dominical de solteiros de diferentes idades que se negan a asumir, como dicían antigamente as nais, que xa se lles pasou o arroz. Pode que as críticas chegadas desde organizacións feministas ou as da candidata do BNG Paz Abraira, tiveran moito que ver nesa marcha atrás, malia que dubido ata que punto iniciativas deste tipo poden denigrar máis as mulleres que aos homes, pois os dous xéneros tanto teñen que ver á hora de iniciar unha relación amorosa. Seguramente o nome de ‘caravana de mulleres’, como adoitan chamar os medios de comunición a estes encontros pola semellanza coa película homónima, non sexa o políticamente correcto, aínda que o obxectivo final, que non é outro que emparellar a persoas soas con gañas de usar o plural e ademais contribuir ao poboamento do rural, ben podería xustificar unha iniciativa así incluso para calquera feminista combativa. Porque xa se sabe que o amor non entende de ideoloxías, razas, idades ou credos, só precisa que se acenda a chispa, e iso pode ser pasar tanto no lonxano oeste como en Cervantes.
12 de Febreiro , 2008 - 0:00 am
É esta a proposta que ten o PSOE para recuperar o rural? O PSOE leva gobernando Cervantes moitos anos e é tamén responsábel do despoboamento. E dúas persoas se queren manter unha relación, non necesitan que as metan nun autobús e que as xunten para ver cal escollen. Algo de dignidade, por favor.
1 de Maio , 2011 - 8:23 am
One other issue is that if you are in a circumstances where you will not have a co-signer then you may actually want to try to make use of all of your financial aid options. You’ll find many grants and other free college funding that will provide you with funding to assist with college expenses. Thanks alot : ) for the post.
5 de Maio , 2011 - 7:09 am
Thanks for the tips you have shared here. On top of that, I believe there are a few factors which really keep your auto insurance premium down. One is, to contemplate buying motors that are within the good listing of car insurance firms. Cars that happen to be expensive are more at risk of being robbed. Aside from that insurance coverage is also in line with the value of your car, so the higher priced it is, then higher this premium you make payment for.
20 de Maio , 2011 - 18:24 pm
I think there is a downside to your site working with Safari internet browser.
27 de Agosto , 2011 - 4:39 am
i believe which usually,It’s actually globally referred to which usually shrubs have proven to be essential to american.
9 de Setembro , 2011 - 5:53 am
Rather than soaps, the steam-cleaning system uses detergent-based solutions that dry to a powder or crystal