Beiras

Aos seus 76 anos e cando todo o mundo daba por amortizada a súa contribución á revitalización do nacionalismo galego de esquerdas, Beiras converteuse no protagonista da campaña. E non só por declaracións saídas de ton como as escoitadas no abarrotado salón do actos do IES Lucus Augusti da capital luguesa, nas que aseguraba que a política sanitaria de Feijóo “está matando máis xente ca ningún grupo terrorista do Estado español”, senón porque parece dar un envorco ás enquisas, rabuñando votos entre PSOE e BNG, e mobilizando esa masa indignada que desde hai meses pide na rúa un cambio nas políticas.

O furacán Beiras que conseguira colocar ao BNG como segunda forza galega durante o fraguismo, aínda que logo renunciou a participar no primeiro Goberno galego con presenza do seu partido, ameaza agora o establishment da política galega axudado dunha EU que podería aproveitarse do efecto sorpresa para asentarse nun escenario no que sempre tivo un papel máis ben marxinal. A estas alturas, nada está claro nesta convocatoria electoral, aínda que o que parece case seguro é que na próxima lexislatura, o Parlamento galego recuperará con Beiras o debate apaixonado e o esplendor diálectico que tivo con Vázquez Portomeñe, Barreiro Rivas, Cortizo ou Guerreiro. Que se preparen os oradores.

Tags: , , ,

2 Comentarios a “Beiras”

  1. durvan

    Beiras fixo moito po-lo nacionalismo galego, mais nesta intre e o culpabel, xunto coas forzas da sua coaliciòn,. do descalabro da esquerda en Galicia.
    Non arañou ningún voto a sua dereita e po-la contra levouse consigo os votos
    da sua esquerda. Flaco favor lle fixo o País Galego, è certo que como bo orador
    e ilustrado non debe estar fora do Parlamento, craso erro o do BNG, deixalo
    fuxir, home que representa ainda a certa forma de pensar da sociedade galega.
    Pero non esquezamos obxetivamente perxudicou a mais da mitade da povoaciòn que tiña posta a sua esperanza en que non se repetise o Goberno actual. Debera da-la batalha dentro da organizaciòn frentista e non dividir a sociedade todavía mais. Os partidos da esquerda deben mudar o seu discurso e
    recordar que Galiza é un Paìs de pequenos propietarios, cando se decaten d´esta situaciòn a meta serà a conquista do Governo por maiorìa absoluta.

  2. xose b.

    Habia que mandar unha mensaxe agresiva, e foi o Beirás quén non lle doerón prendas en meter en danza serie estas cousas. Xogou con vantaxe do resto de grupos en liza, tiña as máns limpas de corrupción ou presunta corrupción, esto a un politico dalle ar para decilo o que dixó. Nunca governou, carece da queima qué isto trae consigo. O conseguido por Beirás foi moito voto desencantado da politica, e algun do BNG e PSOE. A esquerda debe reflexionar sobre a politica qué fala na oposición e a qué desenrrola cando governa. Sigo votando todo máis a esquerda posibél a dereita xá se me veñen eles.