O PXOM de nunca acabar

Todos sabiamos, por moito que o goberno local se empeñase en dicir o contrario, que a revisión do PXOM ía agotar o prazo de suspensión de licencias, que acaba o vindeiro luns. E non porque os lugueses teñan un poder sobrenatural para adiviñar o futuro, só hai que pensar con que tropa se traballa e decatarse de que a burocracia anda un paso por tras do ritmo da sociedade. De todos os xeitos, no Concello non semellan andar moi preocupados, pois o único problema que se lles plantexa coa obriga de dar permisos de construción en base o antiguo PGOU é que pode darse o caso de que un edificio novo invada terreo contemplado como rúa no futuro PXOM. Pois non pasa nada, paralízase a obra, tírase de talonario e chámase á piqueta; bueno eso sempre que haxa acordo e non se acuda a un longo procedimento de expropiación. O máis curioso é que a todo esto se lle chama planeamento urbanístico.

Comments are closed.