España
Machado cría que algún día aquela España de charanga e pandereita que traizoou os seus versos tornaríase na España da rabia e a idea. Confiamos durante anos na premonición do poeta, levantamos a cabeza, reinventámonos, sorprendemos a estraños. Crimos superado os complexos do emigrante sen papeis, do empresario medoñento de cruzar fronteiras, mercamos autoestima nos mercados de futuro e despregamos a vela maior para regatear coas grandes flotas. Ata puxemos no peito unha estrela de campión sobre un escudo consensuado, pero que nunca quixemos bicar.
Un día alguén veu espertarnos, pediunos as contas e non daban as restas, negamos a evidencia e resucitamos esa España que tiñamos baixo mármore. A vella e tahúr, a zaragatera e triste.
Deixamos de ser un equipo para converternos en bandas e quixemos darlle a volta á tortilla en busca de sensatez. Pero atopamos enredo, trágalas e máis decepción. E agora que?, preguntámonos logo de vernos definitivamente atrapados na cápsula do tempo, ao arbitrio dos que programan as vidas alleas.
Aínda así, consolámonos vendo sobre o céspede ao único equipo que funciona nesta España sen capitáns nin rumbo. Agarrámonos á súa fe, coma se eles fosen capaces de rescatar ese soño machadiano, e encomendados a eses santos de pantalón curto esperamos outro milagre da primavera.

14 de Xuño , 2012 - 10:23 am
La única forma de regenerar la democracia es la implantación de un sistema totalmente transparente donde partidos y ciudadanos puedan acceder a todas las acciones de gestión realizadas por la administración, partidos políticos,sindicatos,fundaciones,empresas,justicia, etc. Veríamos entonces obras licitadas por tres veces su valor, atropellos y abusos en clasificaciones de suelos, asesores que cobran y no asesoran, viajes de una conferencia de 4 días, omisión de deberes de administraciones, que dicho sea de paso, cuestan una pasta por su falta de eficacia, etc,etc. Saldrían los números de lo que realmente debemos y entenderíamos por donde se evaporaron los dineros de todos. Hay una experiencia en un Concello, gobernado por los ciudadanos que despues de optimizar los recursos, bajarse el sueldo sus gestores y abrir los archivos de par en par, empezó a tener superávit. Es trabajo de todos exigir esta transparencia pese a la inercia en contra ya que gran parte de nuestro sistema se basa en el clientelismo político, el amiguísimo y las financiaciones de aquella manera que, precisamente por la falta de transparencia, se producen en grandes ámbitos de la gestión de este Pais. Lo curioso es que estas perogrulladas que comento aparecen en todos los programas de los partidos unos mese antes de las elecciones y se olvidan al día siguiente de las mismas.
15 de Xuño , 2012 - 18:53 pm
Nos mentideiros politicos antes chamados (taberna) agora (congreso, senado ou simil..), contachenolas gordas. ¿ Quén se fia hoxé? de governantes, xueces, politicos metidos a xefaturas de ex-caixas de aforros. Somos os sufridos cidadáns sobre de quén caia todo peso o dunha desfeita, (onde pouco pintamos). Eles ( os poderosos) usannos para xustificar as ( falcatruadas qué fan), ter maioria ou facerse con ela da dereito a todo, mangonear ministerios, nomear responsabéls bancarios, altos cargos nos altos tribunais do estado, vamos o qué se di ter (vara alta). Eso si cando habia beneficios a cousa repartiase entre as crases antes mencionadas, cando as cousas saen mal solidarizanse as perdas ( a escote, pericote). Qué pardillos somos, qué fino piamos, ata aceptamos piar baixiño, ( non vaia ser qué se sintan ofendidos aqueles qué eleximos). O colmo.