¿Pero vai haber AVE?

Que Ourense estalle a gañar a partida a Lugo nesa loita da Galicia interior por acadar o reequilibrio coa franxa atlántica quedou bastante claro cando os gobernos de Aznar e Fraga decidiron que o AVE entrase pola cidade das Burgas e non por Monforte. Pero se algunha esperanza de darlle a volta a tortilla había coa chegada de Zapatero ou de Touriño e Quintana á Xunta esta quedou finiquitada ao ver os dous partidos que onde se podía sacar máis rendibilidade electoral era nesa provincia controlada aínda por o modelo de baronía política que representa José Luis Baltar. O multitudinario mitin do venres en Ourense do presidente español é unha boa proba de que os socialistas están a botar o resto por acadar un deputado máis no Congreso que ata podería ser decisivo, tendo en conta as enquisas que seguen a dar un empate técnico. Así, a decisión de ubicar a sede da Confederación Hidrográfica do Miño na capital ourensana en detrimento de Lugo foi só unha derrota máis para os lugueses nesa loita por competir en igualdade. Pero se hai algo que chama a atención nesta comparsa de Entroido á que sempre nos recorda unha precampaña electoral son as xustificacións dalgúns políticos fronte ao agravio. Nesta semana soubose que o Ministerio de Fomento aceptaba a proposta do Concello de Ourense para modificar o trazado de entrada do AVE á cidade, de tal xeito que se evitarían os problemas e barreiras que xeneran a división de rúas e barrios a causa das vías. Pois ben, o novo proxecto, que pasa a custar de 60 a 250 millóns de euros, evitará moitas molestias aos ourensáns e de paso liberará gran cantidade de solo para convertir en zonas verdes e urbanizables. Como era de esperar, o BNG pediu o mesmo trato para Lugo, aínda que propoñendo a ubicación para a estación de tren no Ceao, unha iniciativa que sen embargo non conta co apoio político, empresarial ou vecinal, que prefire a súa permanencia nun lugar céntrico como o actual. Agora ben, eso non quita que como deixa entrever o goberno local de Lugo se vaia a deixar de esixir a Fomento que resolva xa como será a entrada do AVE á cidade, se vai ser posible enterrar as vías como se está a facer en moitas outras estacións e que orzamento se vai adicar. Seguramente, a razón da compracencia se debe a ese pacto de silencio ao que chegan os partidos durante as campañas, aínda que unha vez pasado o 9-M sería difícil de explicar unha renuncia a contar como o resto das
cidades galegas, xa non cun servizo ferroviario rápido e de calidade, senón cun trazado que non divida á urbe entre vías e pontes. Claro que teño un compañeiro que cada vez que se abre un debate sobre o AVE en Lugo sempre pregunta con retranca chairega: ¿Pero vai haber AVE?

6 Comentarios a “¿Pero vai haber AVE?”

  1. prace magisterskie

    It truly is top-of-the-line internet sites on this matter. You need to have far better promoting though cause my associates said they had troubles with finding it.

  2. plumbers ft lauderdale

    Surprise this kind of guide is definitely outstanding it truly helped me and even my family, thanks a lot!

  3. newyorklasereyesurgery.org

    Does the following really operate, anybody attempted it yet?

  4. oil painting workshops

    in my opinion , that may,Ahead of providing my estimation, It is very important to analyze all the discussions on parts.

  5. superbowl2011

    Oh my goodness! an amazing article dude. Thanks Nonetheless I’m experiencing subject with ur rss . Don’t know why Unable to subscribe to it. Is there anybody getting an identical rss problem? Anybody who knows kindly respond. Thnkx

  6. superbowl2011

    It’s hard to search out educated individuals on this subject, however you sound like you already know what you’re talking about! Thanks