“Hola, soy Mariano Rajoy”

Estaba ollando no xornal na procura dun tema sobre o que escribir estos apuntamentos blogueiros cando recibo unha chamada no móbil dun número anónimo. Nada máis premer o boton verde e sen tempo para dicir o acostumado dígame unha voz con eco metálico espétame: “Hola soy Mariano Rajoy, le llamo…”. Ao principio pensei que se trataba dunha broma do meu bó amigo Tomás, de Punto Radio Lugo, que adoita misturar grabacións de frases chamativas de políticos para emitilas no seu magacine matinal. Claro que neste caso a mensaxe non tiña maior graza e simplemente me invitaba a enviar as miñas inquedanzas á páxina web do candidato do PP. Logo de medio minuto de monólogo de Rajoy decateime de que acababa de ser vítima da renovación tecnolóxica da propaganda política e que xa non había volta atrás o cal me fixo sentir coma un paiolo que lle resposta “de nada” á maquina de tabaco despois de sacar un paquete de rubio. Non sei como se faría o PP co meu número de móbil nin se a seguinte chamada que recibirei será a de Zapatero ou Llamazares, pero o que teño claro é que houbera preferido que a lo menos a grabación do candidato tivera sido máis simpática, como eses tonos que agora te podes descargar no móbil; si como esa que aínda circula por aí dos “hilillos de plastilina”. Esa si que era boa.

5 Comentarios a ““Hola, soy Mariano Rajoy””

  1. hilillosalamar

    dicen que hay crudo pra cen anos ainda co petroleo do prestige e inagotable chacho!

  2. asdf

    sorte co próximo artigo porque este non sei se calificalo como sinxelo-mental, típico-tópico ou directamente malo

  3. xbp

    Dixenlle o Pepiño da Sagrario, se a el tamén o chamara Mariano, contestoume que si,- e tí que lle dixeches- ,reposteille eo, – dixenlle, que el que era un home moi listo, pois polo que se di por aqui por Albeiros, cando opositoú a rexistrador da propiedade, sabia el mais cós do Tribunal, que é unha pena que se perda un opositor tan lúcido e brilante coma él, sendo Presidente do Goberno ¿ mellor siga vostede opositando Mariano, pois é unha pena baixa-lo nível dos opositores?, engadiume o Pepiño “home sabio onde os haxá”.

  4. Rueben Salvadore

    One other issue is when you are in a problem where you would not have a co-signer then you may actually want to try to wear out all of your federal funding options. You can find many funds and other scholarship grants that will present you with funds that can help with school expenses. Thanks for the post.

  5. arterial disease

    i believe the,Television, the best pervasive combined with influential of modern technology, noticeable by rapid improve and additionally progression, will be getting in a different grow older, a period of unbelievable love coupled with freedom, which actually offers to restore