Entre notarios e mensaxeiros
Logo de traballar arreo durante toda a semana xunto co resto de compañeiros para presentarlles aos lugueses o novo diario aínda nos quedaron folgos o xoves para celebrar a festividade dos xornalistas, nun acto que serviu ademais para homenaxear a dous profesionais, Tonina Gay e Manuel López Castro, que foron notarios da actualidade durante o último tercio do século pasado e que, aínda que retirados, seguen a colaborar activamente nos medios e asociacións culturais da cidade. Previamente tivemos unha animada xuntanza coas autoridades na que demostramos que aínda que políticos e xornalistas deben gardar sempre as distancias eso no quere dicir que a nivel persoal poida haber unha relación afable. Eso si, eles ben saben que cando toca pedir contas non o fan os medios de comunicación ou os que traballan neles por que si, senón por que é unha obriga que contraen coa súa audiencia. Imaxino que xa saben que nós só somos o mensaxeiro, pero está ben recordárllelo de cando en vez.
25 de Xaneiro , 2008 - 0:00 am
Desde este portal quero felicitar a Tonina Gay e Maloca por ser uns dos meus maestros polos seus respectivos medios. É unha mágoa para min que eu, xornalista de profesión e vocación, non poidera felicitalos na homenaxe xunto ao resto de colegas porque non pertenzo a Asociación da Prensa de Lugo que preside o noso blogueiro, Xoan Carlos Vidal, bon xornalista e mellor amigo. Espero rellenar axiña esa instancia de admisión. Unha aperta.