O peto pode decidir

Recibo un correo electrónico lixo, un deses sen remitente recoñecido a pesar de que te tutee, no que me informan de que despois das eleccións de marzo decatareime na miña declaración de IRPF de que o desconto pola hipoteca se me vai reducir, grazas a actuación do Goberno de ZP. Malia non ter agora mesmo ningún tipo de atadura ata a xubilación con entidades bancarias, leo atentamente o escrito para tentar descubrir se a redacción é típica dun folleto de propaganda electoral. Ao final chego á conclusión de que o redactor é alguén que tirou pola manta máis do que daba á hora de mercar vivenda e agora está máis asfixiado que un galo de corral antes de ser desplumado. De todos os xeitos, a mensaxe de retroceso económico das familias pode ser un alicerce para os populares para tratar de darlle a volta as enquisas electorais e aínda que a fichaxe de Manuel Pizarro non fora un gran sorpresa, o feito de ter apostado Mariano Rajoy pola estratexia económica fronte a axitación antiterrorista e nacionalcatolicista que amosou nos últimos catro anos pode axudarlle a sumar esos centos de miles de votos que dan unha presidencia do Goberno. Porque está claro que moitos españois pensan que hoxe están peor que hai catro anos, a lo menos cando meten as mans no peto, aínda que se cadra non se dan conta de que durante este tempo viviron dun xeito por riba das súas posibilidades, para ledicia de executivos bancarios e promotores inmobiliarios. Agora ben, tamén hai que convencer a esos desacougados de que o PP pode darlle a volta á tortilla. E se miramos cara as bolsas de todo o mundo, a cuestión presentase, como dirigía un técnico de fútbol, “difícil e complicada”.

23 Comentarios a “O peto pode decidir”

  1. eraboasicolara

    Home X.C. véseche o plumeiro máis da conta. Pode ser que houbera xente que vivíu por riba das súas posibilidaes. Pero o goberno tamén gastou por riba das súas, ou por mellor dicir, das nosas. Ahí está o forte incremento de gasto público nun momento de crise, de crise X.C. aínda que nin Zapatero nin Touriño o reconezan. Ata Solbes, cando lle deixaron, o dixo. E non é que pensemos que estamos peor que hai catro anos, é que o estamos. Éche ben distinto, aínda que, por sorte para ti, non teñas hipoteca. Noraboa.

  2. Andrea18

    sociata !! que eres un sociata !!