Deixádeme a min

Ese ímpetu que nos empuxa a dicir déixame a min mentres vemos a alguén facendo algo mal cando nós sabemos como se arranxa é o que quizá sinte o voceiro do BNG no Concello de Lugo cando se ofrece públicamente para deter a sangría de usuarios que está a ter o servizo municipal de transporte urbano. Ata o mesmo goberno municipal admite que nos últimos cinco anos a situación vai a peor e se antes se botaba a culpa ás obras que tiveron levantadas as travesías da cidade durante meses agora seica é un problema de mobilidade que precisa dun estudio pormenorizado por parte dunha empresa de fóra, vamos tal que un plan estratéxico do bus lugués. Pois ben, Xosé Anxo Lage di que ten a solución, pero para acometela fai unha estrana petición, quere media ducia de policías locais e dous guindastres a súa disposición. Pois de ser Orozco eu non o dubidaría e daríalle carta branca ao concelleiro nacionalista. Agora ben, se alguén ve pola Avenida da Coruña a un delgaducho de barba branca encaramado nun pick-up xunto con axentes locais abrindo paso a unha caravana de buses que non pense nun anticipado desfile de Entroido, podería ser o amigo Anxo desenvolvendo o seu plan de choque.

33 Comentarios a “Deixádeme a min”

  1. eraboasicolara

    Lage é un cachondo, non hai dúbida. Eu teño un amigo, algo facha, que sostén que el amañaba o problema vasco con un garda e dous números da garda civil, dos de antes, engade. Lage o mesmo. Eu penso coma ti, que llos dén. Esto é unha festa, alomenos Lage de cando en vez nos fai rir o ler a prensa, que xa non é pouco. Sería bó que fose un pouco máis serio, más ca nada polo seu propio interés, teño para min que no seu partido están encatados con este tipo de machadas, sirven para desacreditar a un bó político. Bao estará que se troncha, e Lage costa abaixo. Malo coma o demo.

  2. Sandra

    Dacordo, que llos den. Agora ben se o consegue, dimisión de Rábade e nomeanto inmediato de Laxe como concelleiro.
    ¿Aceptaría Orozco este reto?