Sin City

Será que o estar rodeado de murallas acabounos por reducir a un oasis nese deserto no que se está convertendo a Galicia interior, pero o descoñecemento que se ten da capital lucense no exterior podería alarmarnos aos que a habitamos se non fose porque temos asumido que se algún día a administración decide borrarnos do seu mapa, sobreviviriamos durante anos cultivando hortos urbanos e bebendo os augardentes acumulados no moble bar.
Só a crónica xudicial parece espertar o interese allende as nosas fronteiras, aínda que é tal a lea que montaron desde o terceiro poder que cando un trata de explicar ao forasteiro que a un tempo están procesados proxenetas, políticos, médicos, policías ou empresarios acusados de saltarse un centenar de artigos do código penal, a medida que se vai relatando un comeza a quitarlle ferro ao asunto para non converter á vella Lucus Augusti na Sin City (cidade do pecado) galega do século XXI. Porque no fondo case prefiro que Lugo sexa vista desde fóra como unha cidade que cheira a vaca, que só sae en televisión cando neva, onde os mozos provocan baixadas de tensión ás mozas por falar galego e onde manda máis o bispo e o presidente do Círculo que o alcalde ou o subdelegado.
 
 

Tags: , ,

4 Comentarios a “Sin City”

  1. CYTI

    Que cada uno mire lo que hizo por evitar esta situación y tendremos la respuesta de la sinrazón

  2. XBP

    Hai 57 anos que coñezo esta cidade, aquela só se parecia a de hoxé na Muralla – esta era medio horta 1/2 carballeira- , na parte onde se encontra hoxé o Mixto baixabase polas arbustos. Quixerá suliñar qué o que pasa aqui con proxenetas, policias, politicos e simi.. e condición da actual sociedade na que vivimos, ( facerse rico) canto antes, e como sexá, explotación, abuso, ( dar gato por lebre), vender viño sen parras, cebar porcos sen cebada, vender leite sen pastos para as vacas, vender luz solar ás 12 da noite, nestas e moitas cousas parecidas fumos criados. ¿ Que listo é, mira que fixó capital?, asi estamos guardianes que vixian a guardianes e guardianes que vixian os guardianes que vixian a outros guardiáns. Cantos somos os honrados ( tontos) que podendo solucionar a vida nún santiamén, non o farian. O diñeiro é tentador, o poder ou o achegamento o mesmo tamén é, ( cantos politicos hai que a sabendas de que non teñen aptitudes nin capacidades) exercen como tales, poucos son os aptos. Buscar chupes e solucionar futuros propios é o que se vai.

  3. uptodate

    Interesting post reminds me of another gem. – I am writing my life to laugh at myself, and I am succeeding. – Giacomo Casanova

  4. up to date

    That video is hilarious. Kind of weird, but really funny