Mapa sen autovías
Mirar un plano de carreteras de España e ollar a provincia de Lugo é para desesperarse. O último do Ministerio de Fomento nin siquiera pon raias discontinuas onde en teoría hai proxectadas autovías, como é o caso da A-8 entre Vilalba e a costa. Con respecto ás de Ourense e Santiago, máis do mesmo, e iso que o departamento que dirixe Magdalena Álvarez acaba de anunciarnos con non sei cantos anos de retraso que saca a licitación as obras dos dous primeiros tramos. E mentres aquí esperamos a lo menos unha comunicación rápida por carretera coas grandes cidades galegas, outros xa están a disfrutar de líneas de AVE, como as de Madrid ata Valladolid ou Málaga. Se seguimos así, igual un día ata nos borran dos mapas.
27 de Decembro , 2007 - 0:00 am
Estou dacordo. Supoño que o problema da falta de infraestructuras na nosa provincia ven de moi lonxe. Resulta que en Madrid preguntas pola rúa aos cidadáns por unha muralla española e o 90 por cen contestará: Ávila. Pero o peor de todo é que se preguntas por cidades galegas, respostarán: A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Betanzos, Vilagarcía e Ribadeo. O caso é que desde Galicia, Lugo non se vende en Madrid, porque dentro da nosa Galicia, a cidade de Lugo está discriminada. E penso que os da Xunta piden cousas a Madrid, pero non piden cousas para Lugo. Ahí coido que radica o problema da discriminación de Lugo en Madrid, é decir, desde os propios Galegos que discriminan a Lugo. Se non, case podemos preguntar a mesma pregunta na Coruña ou en Vigo e tamén poderán decir que as cidades galegas son: A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Betanzos, Vilagarcía, Ferrol, Cangas do Morrazo, Ribadeo e, ademáis O Porriño, Tui e Cambados. Pois iso, que Lugo está discriminado dentro da nosa propia Galicia. ¿Cómo non vai estar discriminadoi e esquecido en Madrid? Bon nadal.