Visita papal

Non creo que vaia o sábado a Santiago e iso que un acontecemento histórico como a visita dun Papa ben merece ser visto para ser contado despois aos netos. O que ocorre é que a Bieito XVI xa tiven a oportunidade de velo en directo fai catro anos en Roma, ao coincidir a súa aparición pública semanal coa miña visita aos museos vaticanos, e como me ocorre con algunhas películas, non teño moito interese en repetir visionado.
O problema é que me poño a botar contas e dáme cargo de conciencia non aproveitar o investimento que a Xunta asegura que vai facer a conta da visita papal de oito horas á cidade do Apóstolo, que sairá por uns 6.250 euros ao minuto. Claro que tampouco o fixen con Bruce Springsteen o verán pasado e logo eviteime o chasco de quedarme na porta pola mala organización.
Iso si, parece probable que agora non se repetirá o caos, pois no operativo colabora o Vaticano, que ao longo de dous milenios deixou probado a súa man dereita na condución de masas, e a igrexa española, que xa ten callo na preparación de marchas de protesta polas rúas madrileñas. En todo caso, a TVG anuncia un despregamento para seguir os actos. Só teño que asegurarme se a bendición televisiva ten o mesmo efecto.

Tags: , ,

7 Comentarios a “Visita papal”

  1. valencianizaciondegalicia

    El paro aumenta en Galicia un 3,6%, más del doble que la media nacional .El total de desempleados en la comunidad gallega asciende a 223.894 personas. Y SEGUIRA CRECIENDO.
    VIVA EL PAPA. VIVA FEIJOO. VIVA EL DESPILFARRO. Porque la propaganda abusiva que ud. hace no crean puestos de trabajo VERDAD SR. FEIJOO????’salir en la TeleFeijoo hasta jartarnos no crea empleo,Vendernos sus mentiras disfrazadas de austeridad no crea empleo, dar dinero a amigos y empresas privadas eso és lo mejor sabe hacer sr. Feijoo, crear empleo y prosperidad a Galicia no és lo suyo.
    NO MERECEMOS UN PRESIDENTE QUE NOS MIENTA TANTO EN TAN POCO TIEMPO. VAYASE!!!!

  2. elearning

    I really happy to read this post,I was just imagine about it and you provided me the correct information .

  3. upholstery cleaning sunderland

    Perhaps you should update the php server on your webhost, WordPress is kinda slow.

  4. Ethos Overseas

    thanks for that awesome posting. It saved MUCH time.

  5. Divina Fierman

    One thing is that if you find yourself searching for a education loan you may find that you’ll need a co-signer. There are many situations where this is true because you may find that you do not use a past credit score so the bank will require that you’ve got someone cosign the borrowed funds for you. Good post.

  6. software creator ;)

    Greetings! I’ve been following your site for a while now and finally got the bravery to go ahead and give you a shout out from Huffman Tx! Just wanted to mention keep up the good job!

  7. oil painting history

    there’s no doubt that will,For my part, Certainly in the last option viewpoint for the purposes: