Galicia senil
Contábanme hai días un caso dunha nena dunha pequena aldea da provincia de Lugo que deixa claro que os que máis están a sofrir o despoboamento do rural galego son os propios rapaces. Esta cativa é a única do pobo e durante toda a súa infancia tivo que xogar soa, como tantos fillos únicos, e por iso cada mañá espera con ansia que veña a recollela o bus para voltar a estar cos compañeiros no colexio. A última estatística demográfica que nos achega o INE fala de que Galicia aumentou nunha década apenas 30.000 habitantes, grazas sobre todo á chegada de inmigrantes ás grandes cidades, aínda que catro de cada cinco concellos perderon neste tempo poboación. A dinámica antóxase xa imparable e cada vez serán máis os pobos pantasmas que só reviven en verán co bulir de xente con marcado acento castelán, dese que adoita estirar as vogais. Nin axudas europeas, nin plans leader, nin turismo natural… A sorte parece estar botada para o rural e se cadra haberá vilas que consigan aguantar o tirón grazas a algunha pequena industria ou a que souberon adaptarse á situación atraendo eses servizos cada vez máis demandados polos avellentados galegos como son os centros de saúde ou as residencias da terceira idade. A esperanza desta Galicia, como non podía ser doutro xeito, está nesa franxa atlántica dinámica, pero que tamén loita por conseguir non perder a senda que marcan outras grandes cidades da Meseta ou Levante. Eso sí, a vida rural, por moito que se queira impulsar dende algunha consellería, semella ser unha batalla perdida hai anos.
4 de Xullo , 2011 - 13:03 pm
.) There are some interesting points in time in this article but I don’t know if I see all of them center to heart. There is some validity but I will take hold opinion until I look into it further. Good article , thanks and we want more! Added to FeedBurner as well
4 de Xullo , 2011 - 14:16 pm
.) It’s hard to find knowledgeable people on this topic, but you sound like you know what you’re talking about! Thanks
16 de Agosto , 2011 - 23:56 pm
i presume which unfortunately,The words Relating to collected through last few years potential customers everyone to imagine that it practical knowledge may just be fewer convenient when compared with nearly everybody believe.