Condenados

Xa comezan a ser demasiados os exemplos que a diario nos atopamos na rúa ou na nosa contorna de persoas a quen o peor efecto desta crise, a falta de traballo, lles tocou de cheo. O goteo non para e aínda que é significativo o alto grao de optimismo que atesouran os que cada mañá se levantan co ánimo de deixar atrás ese obrigado parón, os rostros confesan unha desazón provocada pola desesperanza que supón ver que a maquinaria económica non acaba de arrincar.
O ministro José Blanco alertaba no programa de televisión La noria –é significativo ata onde teñen que acudir os políticos para tratar de salvar a cara– de que os sindicatos deben de pensar nos máis de catro millóns de parados antes de botarse á rúa a criticar a baixada de soldos dos funcionarios, aínda que o máis triste é que esta masa de españois sen futuro a curto prazo só lle serva ao Goberno para xustificar os seus plans de axuste.
O outro día alguén confesoume que se lle saíse un traballo en Istambul, para alá marchaba, porque xa nin sequera en Madrid vía posible darlle esquinazo á súa mala xeira. Se ninguén o remedia, os especuladores, corruptos e neglixentes van arrastrar outra xeración ao exilio laboral, cando en verdade deberían de ser eles os desterrados.

Tags: ,

2 Comentarios a “Condenados”

  1. FEIJOO EL AUSTERO

    Recollido hoxe en Xornal.com:

    O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, denunciou onte que a Xunta adxudicou un total de 19,6 millóns de euros a empresas de “familiares, compañeiros de partido e amigos da alma” e resaltou que esa contía serviría para crear 2.500 postos de traballo ou para pagar os coidadores a 20.000 dependentes.

    -Atos Origin–Empresa da que é directiva a sobriña de Romay Beccaria, á que se concederon contratos por valor de 4 millóns de euros e “algúns sen publicidade”

    -Tecnoma- Em`resa do que foi conselleiro con Fraga, Del Alamo,
    levou en contratos 1,6 millóns de euros da Xuanta.

    -Carat-España- empresa de Miguel Angel rodríguez Voceiro de Aznar recibiu da Xunta en contratos 7 millóns de euros so dende que é presidente Feijoo.

    -Vueling- empresa de Piqué recibiu da xunta 7 millóns de euros para facer a promoción do Xacobeo.

    -7 millóns de euros en máis de 400 coches comprados á mesma empresa que regalara un a Feijoo en campaña.

    - 120.000 euros para unha fundación venezolana que é de loubar pero se non fai recortes en Galicia.

    RECORTE DE GASTO EN GALICIA PARA FINANCIAR AOS SEUS AMIGOS DA ALMA. IM-PRESENTABLE FEIJOO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

  2. Dominique Casmore

    Thanks for the different tips discussed on this website. I have noticed that many insurance agencies offer consumers generous discount rates if they prefer to insure several cars with them. A significant volume of households own several vehicles these days, specifically those with more aged teenage youngsters still dwelling at home, along with the savings upon policies might soon mount up. So it pays to look for a great deal.