Intelectuais
Que a dereita nunca se levou ben coa intelectualidade non é ningunha novidade. A cultura sempre se entendeu mellor co progresismo e a maioría de ideas revolucionarias partiron de plumas zurdas. E é que no fondo os literatos sempre quixeron influír co seu dominio da prosa na política, aínda que non todos os dirixentes, e menos os conservadores, están polo labor de ter un autor de cabeceira que lles marque a folla de ruta. E quizá iso é o que lle ocorre á Xunta de Feijóo, que cada semana abre unha nova fronte cos señores da palabra, ben pola vía do conflito lingüístico, ben polos desplantes á forma de entender a cultura autóctona. Tras o rapapolvo da Academia Galega polo borrador de decreto do galego no ensino, once premios nacionais de literatura acaban de pedir por escrito a dimisión do conselleiro Roberto Varela, tras considerar que a cultura galega está «ensimesmada» e «acomplexada».
A demanda non ten precedentes, aínda que tampouco o ten o feito de que un dirixente ao que se lle encarga a tarefa de defender e promocionar un área dea a impresión de facer todo o contrario. Claro que tamén se pode pensar que o que hai é un conflito de ideoloxías, e a ninguén lle estrañaría.
A demanda non ten precedentes, aínda que tampouco o ten o feito de que un dirixente ao que se lle encarga a tarefa de defender e promocionar un área dea a impresión de facer todo o contrario. Claro que tamén se pode pensar que o que hai é un conflito de ideoloxías, e a ninguén lle estrañaría.
Tags: Cultura, galego, Roberto Varela, Xunta
29 de Xaneiro , 2010 - 12:35 pm
Ciertamente se puede pensar que el encargado de defender y promocionar un área da la impresión de hacer todo lo contrario.
Ciertamente se puede pensar que hay un conflicto de ideologías.
Pero por lo visto lo que no se le acurre a usted pensar es que, (y es más problable), el conselleiro da un toque de atención, señalando lo que ve negativo para que se mejore y se solucionen dichos aspectos, y la gente se pone en las patitas de atrás porque algunos no aceptan una crítica.
30 de Xaneiro , 2010 - 10:51 am
A Feijóo crécenlle os ananos. El Correo Gallego
Camiño xa do primeiro ano de mandato, Feijóo pode comprobar a distancia que hai entre gañar unhas eleccións e gobernar. Tras a súa eficaz galopada electoral, mostrándose xinete de ánimo teimudo, diríase que “inaccesible ao desalento”, e que foi quen contra prognóstico de chegar a Raxoi a lombos dun corcel brioso como o señor Rueda, atópase coa sorpresa que tras da meta, hai todo un mundo por amañar, alleo a sorrisos, acusacións torticeiras, ou compromisos adquiridos con maior frivolidade da necesaria nunha mostra de que non importaban os medios para acadar a vitoria.
Esquecidos na cuneta os que estaban chamados a darlle un futuro distinto a unha terra afeita xa a ser deixada na estacada polos que lle xuran eterno amor, pero que no tálamo móstranse incapaces de ter continuidade, Feijóo ten que mostrar a dimensión de gobernante. Convencer do compromiso no día a día, coa realidade que lle rodea. Evitando o estrabismo indomable que o leva a ollar agorizante o escenario madrileño, dimensionando certo afogo ante a proximade dunha Galiza rural e urbana que languidece cun liderado que trasmite certa sensación de desgana.
Non hai noticias de que a Cidade da Cultura, herdanza do seu antigo patrón don Manuel teña un horizonte que compense os galegos do inxente holocausto que para os contribuíntes está a ser tal obra. Cabería dicir como Felipe V cando botaba contas da fortificación de Cartagena de Indias, que co investido, a obra tería que se ver dende todos os puntos de Galicia.
Tampouco vai mellor, aínda que o seu gabinete seica ten contacto fluído con Deus ou cando menos coa súa Obra, un tema onde o espiritual se xunta co máis profano, en aras de darlle un pulo á nosa postrada economía. O Xacobeo ameaza con pasar de puntillas sen deixar o limo vivificador que os exipcios esperaban nas cheas do Nilo. Mal anda o tema cando xa saen bramidos contra a administración central tentando responsabilizala da incapacidade doméstica. En troques, o que vai ben é o enfrontamento social no tema da lingua, algo que estaba harmonizado co apoio dunha maioría social e do Parlamento. Sen máis razón que a presión dun sector concreto e moitas mans alleas o noso país, ráchase o bo sentido que se aplicaba no tema ao que contribuíron anteriores gobernos conservadores. Conflito que vai dar máis dun quebradeiro ao presidente galego, que terá oportunidade nalgún intre de ollar con noxo eses votos obtidos cunha promesa excesiva nun momento en que de seguro non contaba con verse de xestor de tal acordo.
Economía, industria, política universitaria, perfil institucional, están nunha atonía de xestión e de ideas, que máis lembra á difícil presidencia dun cabaleiro da política, Gerardo Fernández Albor, que ás etapas do patrón. Mentres, na súa terra de orixe, “papa doc” e “baby doc”, a dinastía, faille cada día un pouco máis difícil a vida. A desmontaxe compulsiva da xestión do goberno bipartito, non leva aparellada alternativas cribles ou solventes. Nestas andamos, cando Feijóo se atopa xa, coa necesidade imperiosa de remozar un gabinete, que no seu momento naceu como puido tras diversas negativas a compartir travesía na súa nave. Pero ten as mans atadas. Porque tan prematura pero inevitable medida, poría en evidencia a fraxilidade de certos conselleiros e as políticas levadas ata o momento. E todo isto, tendo enfronte unha oposición máis que levadeira.
31 de Xaneiro , 2010 - 12:47 pm
El Sunami “Feijoo” llega a Galicia.
Que queda de la Galicia de lo verde y la morriña, mar y tierra mezcladas en un alo de paz y amor con nuestros problemas pero remando todos juntos para llegar abuen puerto??????????? No queda nada, Galicia triturada en menos de un año. Desmontaje de la red de asistencia social que comenzó a crear el bipartito, nos plegamos a los grandes intereses madrileños al reparto éolico, la educación, el gallego…
El creó un monstruo que se vuelve en su contra. Se fió de una prensa cavernicola y manipuladora que lo auparon a la victoria con mentiras o medias verdades que fueron muy bonitas en campaña pero que él sabía que esa no era la realidad de Galicia. Y el monstruo estalló de la forma que menos debía y que es atacando a la libertad de expresión. Porqué se pone entonces en riesgo la convivencia de los gallegos y gallegas sin necesidad???? Esto nunca antes había pasado en Galicía. No todo vale en nombre de la Libertad de expresión para llegar al poder. Galicia no votó para tener este Gobierno.
1 de Febreiro , 2010 - 23:51 pm
Vivir nunha actitude de respecto non corresponde únicamente a quenes traballan nos medios de comunicación ou se adican á educación, tamén lo son quenes dende postos de responsabilidade política ou social teñen un compromiso con esa actitude de respecto.
Vexan a publicación do Bop de hoxe. Textual.
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Traballo e Benestar
Delegación Territorial de Lugo
RELACIONS LABORAIS.
CONVENIOS COLECTIVOS.
Exp. 001-2010.
Visto o texto do convenio colectivo para a empresa
“MAGNESITAS DE RUBIAN, S.A.” da provincia de Lugo,
asinado o día 28 de decembro de 2009, pola representación
da mencionada empresa e a dos seus traballadores,
e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2
e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo,
polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto
dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de
maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos
de traballo.
ESTE DEPARTAMENTO TERRITORIAL
Artículo 22º.- AYUDA AL TRABAJADOR CON HIJOS
SUBNORMALES.
La empresa completará las prestaciones de la Seguridad
Social con la cantidad de 97,79.- €. mensuales por
cada hijo subnormal, siempre que los hijos dependan
económicamente del trabajador.
Non é o mesmo ser subnormal ca estar discapacitado.A estupidez e a ignorancia son discapacidades tan habituais que son consideradas normais i, polo tanto, aceptadas pola sociedade.
Términos incorrectos: defecto de nacemento, mutilado, sordomudo, coxo, inválido ou minusválido, retrasado mental ou anormal, subnormal.
Términos correctos: discapacidade conxénita, persoa con unha amputación, persoa xorda, persoa con movilidade reducida, persoa con discapacidade física, persoa con discapacidade intelectual, persoa con Síndrome de Down.
De tal xeito e ante a falla de sensibilidade e preparación para desempeñar o seu cargo a Sra. Conselleira de Traballo e Benestar é polo que solicito a súa DIMISION de forma inmediata.
11 de Maio , 2011 - 13:43 pm
Hi, Can I download your own image and make use of that on my weblog?
11 de Maio , 2011 - 14:08 pm
Howdy, Might I copy your own picture and implement it on my own blog?