Pesimismo

O pesimismo alaga o último estudo do CIS, no que case o 80% dos enquisados considera que o principal problema é o paro, e non é estraño porque resulta difícil atopar a alguén que non teña na súa familia ou círculo de achegados a alguén sen traballo. A taxa de desemprego roza o 20 por cento e nalgunhas autonomías como Canarias ou Andalucía as cifras son de récord. Ademais, a vicepresidenta Elena Salgado anuncia que o dato de decembro, aínda que non será tan catastrófico como o de 2008, si será negativo. Acábase así un ano que é mellor esquecer e onde a palabra crise foi a máis cacareada por ricos e pobres, apocalípticos e integrados e, claro, por traballadores e parados.
Pero o panorama que debuxan os enquisados polo CIS é tamén de diván de psicoanalista, pois unha cuarta parte cre que a situación irá a peor e case a metade, que seguirá igual. En todo caso merece a pena quedar coa outra cuarta parte que cre que mellorará. Sexa por ilusos, por militantes do optimismo ou porque cren que tocaron fondo, apúntome cos que brindarán por un ano mellor, con máis traballo para todos e menos apuros por chegar a fin de mes, e con saúde. Porque para pesimistas xa nos chega con aqueles que a diario nos recordan o mal que vai isto.

 

Tags: , , ,

7 Comentarios a “Pesimismo”

  1. XENIO

    Alberto Núñez Feijóo, pode pór tóda-las trabas lexislativas que queira ao uso do galego, non importa, porque o pobo non vai calar, o pobo vai seguir berrando en galego, e amando en galego, e loitando en galego, e chorando en galego, e progresando en galego, e sentindo en galego, e pensando en galego, e convivindo en galego, e educando en galego, e gozando en galego. VIVAMOS COMO GALEGOS!!!!!!!!!!!!!!!!

  2. greenhouses

    Exactly where maybe you have discovered the supply for the purpose of this valuable write-up? Wonderful reading I have subscribed to your feed.

  3. pond supplies

    I feel there exists a issue with your websites using Internet explorer web browser.

  4. Garage Door Opener Parts

    This is really interesting, You’re a very skilled blogger. I have joined your feed and look forward to seeking more of your excellent post. Also, I’ve shared your site in my social networks!

  5. bali villas

    Hi there, May I grab your image and implement it on my web log?

  6. acne-treatments/acne-scarring-treatments {acne treatments

    Who knows? Maybe a loud vehicle does make your peepee grow

  7. xixihaha567

    I appear to be getting a tough time subscribing to your Feed. It shows as an 500. Let me know if this is really a typical error or if its just happenting to. Ive tried Opera and Firefox. Im utilizing Windows Firewall and im not sure how I can turn it off . Im not that good with PCs. Ill bookmark your site and see in the event you have responded. all of the best!