Fumes

Vaia por diante que desde hai dez anos non son fumador habitual, polo que calquera opinión sobre un vicio do que sempre custa prescindir sempre vai ser algo parcial. Con todo, resulta curioso que na polémica xerada polo anuncio do Ministerio de Sanidad de que en 2010 prohibirá definitivamente fumar en locais de lecer e restaurantes xa teñan sido cuantificadas as perdas polo sector hostaleiro, que se lamenta que deixará de ingresar 30.000 millóns de euros só o ano que vén. E é que un pregúntase onde vai ir a parar todo ese diñeiro, pois imaxino que as cañitas, os cafés, as tapiñas, o faladoiro, a maquiniña, o partidiño, o menú do día, a especialidade da casa… e demais atractivos dos centos de miles bares repartidos pola xeografía española non van perder tirón porque a ese trinta por cento da poboación de España que se declara adicta ao cigarro a obriguen a botar unhas caladas na porta.

Porque a todo isto, por se alguén non se parou a pensalo, a chamada lei antitabaco busca protexer os traballadores dos malos fumes durante a súa xornada laboral, e ata agora os únicos curritos excluídos son os camareiros dos locais onde se permite fumar. Ao resto, que estabamos neles de paso, tocábanos aguantar, pois ninguén nos mandaba meternos alí.

Tags: , , ,

2 Comentarios a “Fumes”

  1. xaxa

    RAFEL CUIÑA DIXIT: HAI QUE TRABALLAR ARREO CONTRA O NEGACIONISMO LINGUISTICO DE FEIJOO.

    Esa é a mentalidade que a dereita galegista necesita, unha dereita galega orgullosa da súa procedencia, da súa cultura e da súa lingua. Só dese xeito se pode facer pais, e progresar (véxase Catalans e Vascos) dende o orgullo do propio. Necesitamos xente coma Jaime Castiñeira, Xosé Manuel Barreiro e Rafel Cuiña, xente coma min procedente da zona rural e allea a Corinas Puerros, Ruedas, Puys etc…. todos eles moi respetables pero cos que nunca me identificarei dentro de ningún partido.
    Aos que queredes eliminar todo elemento identitario que nos defina como “diferentes” ao resto do estado,( porque ese é o voso obxetivo), dicirvos que con xente como Barreiro,Castiñeira, Cuiña do noso lado nunca o conseguiredes. Porque como vedes xa non só son os gallizos (bonito nome), tamén son os do PSdG e agora moitos do PPdG. O galego chega máis aló de Piedrafita del Cebrero-
    So unha pregunta, cado matriculades a fillos e fillas no colexio preguntan se queren estudar mates, xeografía, inglés…??? non verdade, entón porque si co galego?

  2. sm

    ¿?