Poñer en valor

Seica a frase poñer en valor é un tópico propio de políticos e que case sempre a utilizan para gabar algunha actuación feita polos seus gobernos. A frase vénme á cabeza logo dun percorrido este verán polas praias do famoso desembarco de Normandía, do que este xuño se cumpriron 65 anos. Daquela desfeita humana coñecida como operación ‘Overlord’, que supuxo o principio do fin do nazismo, quedan vestixios por todos os recunchos, ben musealizados ben espallados por fincas ou búnkers e que fan que cada ano miles de persoas se acheguen ata esa preciosa rexión francesa moi semellante a Galicia.

Por aquí poucas pegadas daquela gran guerra quedan e do que se podería amosar mesmo nin se fai por conservalo. É o caso das chamadas torres de Hitler que levantaron os alemáns na Terra Chá para facilitar as comunicacións por radio con submarinos, barcos e avións. Son un exemplo de enxeñería civil que chamaban a atención dos que circulan ao seu carón pola estrada de Castro a Abadín. O furacán ‘Klaus’ tumbou as dúas que quedaban en pé por falta de coidado. Habería que facer por recuperalas, pois estamos a falar dun patrimonio singular que, ao igual que os vestixios de Normandía, poderían servir para aprenderlles aos cativos algo de historia. E se cadra algún político podería usalas tamén para poñer en valor a súa xestión.

Tags: , ,

3 Comentarios a “Poñer en valor”

  1. Villapol

    Noraboa Xoan Carlos por este, coma polo resto dos teus xeniais artigos, cargados sempre de mensaxes subliminais. Levo uns meses en Paris, e curiosamente o pasado fin de semana estiven nas normandas vilas de La Havre, Trouville ou Caen, e que queres que che diga … C’est la vie!!

  2. Mohicano

    Non hai que ir a Francia, a estas alturas calquera parte de España está a vender (e cuidar e protexer) moito mellor calquer elemento do seu patrimonio. En Galicia foron nos oitenta, noventa e seguintes cando se produciron os grandes destrozos en todos os ámbitos (arquitectónico e ecolóxico).
    En canto ao aproveitamento do que hai, mal se pode aproveitar (e protexer) algo cando a burguesía galega nin se entera, nin o valora. A nosa burguesía non é a catalana, nin a vasca, nin a francesa. Un exemplo: na campaña para a promoción a patrimonio da Humanidade da Torre de Hércules, non se aproveitou para vender o seu contorno (os “Menhires” de Manolo Paz) nin as súas fermosísimas portas (de Leiro). Por que? pois porque a burguesía (os poderes económicos) teñen cartos pero non cultura, e nin saben quen é Leiro, ainda que, chegado o caso, podan devecen polo “Peine dos ventos” de Chillida. Non hai nada peor que cartos sin cultura, e isto, por desgraza é o que temos, porque cartos hai moitos (os “Falcon Crest” e os catro por catro proliferan).

  3. Kasi Silverwood

    One other issue is when you are in a circumstance where you will not have a co-signer then you may actually want to try to make use of all of your money for college options. You will find many grants and other free college funding that will ensure that you get finances to assist with college expenses. Many thanks for the post.