Localismo de usar e tirar

O discurso centralista demoniza sempre o localismo político baseándose na teoría de que o ben común non pode estar sometido a presións periféricas. Tirando desta teoría, os socialistas galegos tentan convencer aos lugueses de que a decisión de situar a futura Confederación Hidrográfica do Miño en Ourense atende a un criterio lóxico e consensuado. Pero por moito que se queira vestir o santo en Ourense, en Lugo axiña o conseguen espir, pois os mesmos argumentos de operatividade se poden atopar nas dúas cidades, moi semellantes en características e servizos. A polémica recorda outras da era Fraga, como a da Cidade da Cultura, que espertou a febre localista dos alcaldes socialistas, que a consideraban un agravio para outras cidades. Agora que lle toca gobernar, o PSOE ten que trocar o discurso e defender precisamente esas medidas. Claro que en decisións como a localización da CHM hai quen di que tivo moito que dicir o localismo, ese mesmo que á hora de facer contas di que en Ourense PSOE e PP xóganse un deputado ao Congreso que ata podería decidir a Moncloa. E en circunstancias así non queda máis remedio que mollarse para cruzar o río.

Un comentario a “Localismo de usar e tirar”

  1. Jeanie Mirabella

    One important thing is that while you are searching for a student loan you may find that you’ll want a co-signer. There are many conditions where this is true because you could find that you do not possess a past credit score so the mortgage lender will require that you’ve someone cosign the financing for you. Interesting post.