Temos PXOM

Explíqueno como queiran, critiquen se queren ao contrario e cólguense as medallas que queiran, pero o importante é que logo de anos de espera, de estudos mal encamiñados, exposicións públicas polémicas e miles alegacións presentadas os lugueses van ter Plan Xeral de Ordenamento Municipal.

Finalmente e vista a evolución de acontementos, foron Partido Popular e o PSOE os que sacaron adiante o documento, malia que os primeiros advirten que o fan por responsabilidade e logo das modificacións introducidas a proposta do seu grupo. Pola súa contra, os nacionalistas mantiveron a súa oposición ao PXOM tal e como se plantexa agora, posto que consideran que aínda ten graves erros e que só contenta a uns poucos. Esa sería a explicación oficial, aínda que resulta paradóxico que dous partidos que son capaces de formar durante máis de tres anos un goberno na Xunta e mesmo abrir as portas a un novo mandato conxunto despois do 1 de marzo, non sexan capaces de consensuar nunha cidade un plan de urbanismo.

O caso é que agora o documento vai seguir a súa tramitación ata que se aprobe definitivamente, pero que non se estrane ninguén se a Xunta ou os xulgados acaban por paralizar de novo o PXOM, algo ao que por outra banda xa estamos acostumados en Lugo. Será mala sorte ou será mala xestión, eso téñeno que xulgar os cidadáns, pero agora o certo é que hai que felicitarse alo menos polo entendemento ao que chegaron os dous principais partidos políticos da cidade. Porque nun contexto de crise económica, cuns orzamentos municipais dependendo en grande medida da evolución dun sector inmobiliario que agora agoniza, é sen dúbida unha boa noticia que o planeamento da cidade para os vindeiros dez ou vinte anos quede pechado.

As estatísticas alertábannos esta semana de que na vindeira década a poboación da provincia de Lugo vaise vez reducida en a lo menos un seis por cento. Cada ano rebaixará o seu censo nunhas 2.000 persoas e ademais será a que menos estranxeiros vai recibir. Aínda así, as previsións apuntan a que a capital vai seguir sumando habitantes e mesmo chegará superar os cen mil, afianzándose como a cuarta cidade máis poboada de Galicia. Por esta razón, para evitar que o crecemento fose tan irregular como deparou o actuar PXOU, é pola que se facía necesario non retrasar máis este plan que se comezou a xestar hai xa dez anos. Agora só hai que esperar a que non se torzan as cousas e a que se houbese que facer algún retoque de última hora se actúe con axilidade e sen ruído, porque a matraca do PXOM xa resoa nas testas da maioría de lugueses.

Tags: , , ,

2 Comentarios a “Temos PXOM”

  1. xbp

    O malo é que xa ten vivendas para maís de 100000 habitantes, e os políticos nosos sabeno . A todo isto hai que sumarlle-los desonrrolos urbanisticos que estan en marcha, chamese San Fiz ou Fabio Maximo, que poden sumar asi a ollo uns 10000 habitantes maís. A crisís do ladrillo é evidente, hoxe en dia moitos béns inmobres estan sobrevalorados, pobra disto é o pouco valor que lle dan os bancos. A atención que a cidadania lle prestou a aprobación do PXOM penso que foí menor, porque habia mellores expectativas de venta que anos atrás. O futuro das terras e vivendas auguraselles caidas de prezos, que boa falla faí , a Dios grazas.

  2. louis vuitton Handbags

    Fantastic beat ! I wish to apprentice while you amend your website, how could i subscribe for a blog website? The account helped me a acceptable deal. I had been tiny bit acquainted of this your broadcast provided bright clear idea