Pratos rotos

Tivo que haber unha espectacular actuación da Garda Civil en Galicia para que nos enterásemos de que o símbolo da nosa cultura xacobea, a vieira galega, era un produto tóxico que se estaba a servir nalgúns prestixiosos restaurantes. As autoridades xa lle prohibiran ao sector marisqueiro a extracción deste bivalvo das rías galegas dende hai cinco anos, pero ao parecer uns avispados furtivos estaban a lucrarse recollendo este marisco, como din algúns, mañá, tarde e noite. No allo, pero non precisamente no que deberían debullar, estaban presuntamente algúns famosos restauradores deses que por un foi gras con figos e reducción de ‘Pedro Ximénez’ e catro zarapalladas máis che afeitan cen euros, pero sen reducción na factura.
E claro que a ninguén lle obrigan a pisar un local de varias estrelas ou tenedores onde se sabe de antemán que a conta vai ser de tremer, pero aqueles que deciden sentar na mesa de calqueira restaurante deben ten a garantía de que non van saír envelenados.
Ninguén merece ser xulgado sen ser escoitado, pero tampouco debe estranar que cando un cociñeiro de renome se ve envolto nun asunto tan turbio haxe moitos que esixan contundencia, para que os pratos rotos os paguen aqueles que os esgacharon.

Comments are closed.