Mala memoria

Pode que ata teña razón Mariano Rajoy cando di que o único prioritario agora é adicarse a resolver o problema da crise económica, o que ocorre é que ademais das hipotecas e as facturas impagadas tamén existen outros asuntos cativos aos que tampouco está demáis que as administracións lles adiquen o seu tempo.
Un deles, aínda que a algúns lles resulte desfasado e innecesario, ten que ver coa desaparición daqueles símbolos relacionados co franquismo, unha etapa que a moitos de nós apenas nos tocou vivir, pero que aínda levanta ampollas entre moitos españois.
O caso é que hai uns días cando daba unha volta en moto pola chaira lucense, unha avaría deixoume tirado na Feira do Monte. Logo de contar coa axuda de varios veciños e do persoal da estación de servizo da vila, a miña sorpresa chegou cando tiven que facilitarlle á grúa o enderezo da gasolineira, situada na Avenida del Generalísimo. A verdade é que non daba crédito a que logo de máis de trinta anos de ter enterrado ao dictador aínda houbese concellos que o loubasen de tal maneira. Agora acabo de enterarme de que a corporación municipal deste concello aprobou por unanimidade o cambio de denominación desta rúa principal polo de Cidade de Veria, un nome que recolle unha vella tradición oral do municipio de Cospeito, cuxos orixes estarían nesta Cidade de Veria.
A decisión, que chega con varios anos de retraso e obrigada pola Lei da Memoria Histórica, tampouco é que vaia servir para confortar aos que padeceron os rigores do réxime franquista, pero a lo menos supón un exercicio de limpeza dos restos do antigo réxime que aínda quedan espallados onde menos o esperamos. Pero é que aínda que para a maioría dos cidadáns medidas coma esta nin lles van nin lles veñen, si que hai quen se sinte reconfortado con elas. Así penso por exemplo tamén naquelas vítimas do terrorismo etarra que verán cumprido a súa petición de ver borrados das rúas de pobos e cidades do País Vasco os nomes de vías adicadas a xentes que teñen como único mérito o terlle causado dano aos demáis.
Así o anunciou o ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, quen dixo que a futura lei integral de vítimas do terrorismo incluirá unha cláusula para evitar que por exemplo a familia dunha persoa morta a mans de ETA teña que vivir nunha rúa que leva o nome do seu asasino.
Pois salvando as diferenzas entre os dous casos, o cambio do nomenclátor franquista das cidades e vilas españolas debería ser logo unha obriga non legal senón moral con aqueles que ao longo de corenta anos padeceron a represión daquel xeneral golpista e os seus fieis seguidores.

5 Comentarios a “Mala memoria”

  1. Loralee Fagnoni

    Thanks a ton for your post. I would really like to say that the cost of car insurance varies greatly from one plan to another, mainly because there are so many different facets which contribute to the overall cost. Such as, the make and model of the motor vehicle will have a tremendous bearing on the price. A reliable old family vehicle will have a more affordable premium than a flashy performance car.

  2. Schlafsofas

    Awseome article, I am a big believer in posting comments on blogs and forums to help the blog writers know that they’ve added something worthwhile to the world wide web!

  3. seo blackhat forums

    Thanks a lot for being my own coach on this issue. I actually enjoyed your own article greatly and most of all preferred how you handled the aspect I thought to be controversial. You happen to be always rather kind to readers like me and assist me to in my existence. Thank you.

  4. Zachery Key

    Which was sort of inspiring! Totally unpredicted. Now I realize what I am going to complete tomorrow :)

  5. Natural face treatment

    [8] Hot-water extraction, also regarded as preferable, had not been introduced either