Por que adiantar

Non vai haber presións dende Madrid. As recomendacións chegarán directamente do medo a desandar o camiño percorrido. Emilio Pérez Touriño debátese nese mes de lecer entre a sana intención de esgotar mandato, aínda que cun pequeno adianto para non coincidir coas europeas, ou convocar para novembro a que será a súa reválida como presidente da Xunta. Razóns non lle faltan para querer cumplir cos seus electores e apurar o tempo para que o balance de goberno sea o máis positivo posible. Porén, hai varias premisas que inclinan as pesas da roldana cara á opción do adianto.
1. Crise. É a máis importante e se cadra a que máis asusta aos dirixentes do PSOE. A chamada desaceleración económica motivada principalmente polo parón na construción e a suba do petróleo vai camiño de superar á crise vivida tralos fastos do 92, coa diferenza de que agora os problemas de liquidez non están nas arcas públicas senón nas familias, de onde saen os votos.
2. Oposición renovada. O PP xa fixo os deberes coa limpeza liderada por Rajoy no congreso de Valencia. En Galicia xa se fixera antes coa marcha de Fraga ao Senado e o traspaso de poderes a Núñez Feijoo. O político ourensán sabe que será difícil gañar a maioría, pero as furnas xa deron máis sorpresas. O tempo pode xogar ao seu favor.
3. Vantaxe nas enquisas. Aínda que coa marxe de erro que teñen os sondeos, arestora o PSdeG está a ter máis intención de voto que o PPdeG, mentres que o BNG mantén posicións. Unha sucesión de malos datos económicos, unha vaga de lumes ou atrasos en prazos de infraestruturas poden facer cambiar a tendencia.
4. O socio non arrinca. Os nacionalistas non o teñen nada claro. Non están a rendibilizar a cota de poder na Xunta e non conseguen atraer ás novas xeracións de votantes como nos tempos do beirismo. Os mozos urbanos están a mirar cara aos dous grandes. Un adianto podería coller a contrapé aos socios do bipartito e mesmo deixalos sen coches oficiais despois das eleccións. Pero Touriño semella ter un pacto de cabaleiros con Quintana para esgotar mandato. Claro que amiguiños si, pero…
5. Outono quente. O peche de empresas e o aumento do paro pode botar á rúa a moitos. Os bispos e as vítimas do terrorismo deixarían paso agora aos manifestantes de toda a vida, os currantes. E eles si que poden decidir unhas eleccións.

Tags: ,

10 Comentarios a “Por que adiantar”

  1. pepe vazquez

    A coche da dereita foi adiantado (ou se seixou adiantar se cadra) polo do SOE_BNG. E agora a pesares de conducir tan mal o coche das esquerdas, vai ser case que imposible que os poida remontar o das dereitas, porque neste que agora vai por detrás non se aprecia pericia alguna no seu conductor, e no público non crea a ilusión necesaria para animar. A carreteira é moi estreita. Non vexo a diferencia entre retrasar ou non unhas voltas mais a chegada. a pesares de todo, Non.

  2. Greg Maxfield

    One important issue is that when you’re searching for a education loan you may find that you will need a cosigner. There are many cases where this is true because you may find that you do not employ a past credit rating so the mortgage lender will require that you’ve got someone cosign the borrowed funds for you. Thanks for your post.

  3. Ocie Pickman

    Thanks for your posting. One other thing is that individual American states have their very own laws of which affect house owners, which makes it quite difficult for the our elected representatives to come up with a brand new set of recommendations concerning property foreclosure on householders. The problem is that a state has got own regulations which may work in an undesirable manner in regards to foreclosure insurance plans.

  4. Cyrus Hittner

    Great post!

  5. wynajem autokarów

    Greetings! I know this is somewhat off topic but I was wondering which blog platform are you using for this site? I’m getting fed up of Wordpress because I’ve had issues with hackers and I’m looking at options for another platform. I would be fantastic if you could point me in the direction of a good platform.

  6. compare metal detectors

    I do think you will find a issue with your webblog utilising Safari web browser.

  7. Rafael Tara

    Hello there, I adore your weblog. Is there something I can do to obtain updates like a subscription or some thing? I am sorry I am not familiar with RSS?

  8. USMLE step 1

    Great article! I really liked this

  9. Adolfo Sobieski

    I’m a very long time watcher and I just imagined I’d drop by and say hello for the 1st time. I seriously appreciate your posts. Thanks

  10. Pam Phuaphes

    Thank you for taking time to write this write-up. It’s been quite helpful. It could not have come at a much better time for me!