Crise no rural

O espellismo destes meses de verán no rural galego, onde os pobos e aldeas se renovan co bulir de nenos, o ir e vir de coches e as festas patronais, agocha unha realidade que as frías estatísticas se encargan de recordarnos de cando en vez. Esta semana enterámonos de que aumentan o número de núcleos abandonados, sobre todo no interior de Lugo e A Coruña. Din os aínda poboadores que, logo de marchar os mozos para non voltar, os maiores chega un momento que se ven impedidos e deciden ir con eles para á cidade. Pero onde todos coinciden á hora de buscarlle unha causa a esta situación é na baixada de prezos do leite e a carne, principais vías de ingresos das familias do rural xunto coas pagas dos xubilados.
Neste país a política dos últimos anos insistía en levar adiante plans de abandono do sector lácteo, mediante a venda da cuota que foi parar a grandes explotacións mecanizadas, mellor xestionadas, pero que non precisan tanto persoal. A ecuación faise logo fácil, se reducimos o número de traballadores no sector gandeiro e agrario, tamén estaremos abrindo a porta á xente para que marche ás cidades, onde hai máis oportunidades de traballo.
Agora unha campaña da Consellería de Medio Rural tenta convencer ós mozos de que é posible voltar ó rural non só as fins de semanas. E de seguro que máis dun estaría disposto a vivir na casiña de seus pais ou avós e lonxe do estrés da cidade, pero o problema é que só cunha leira de patacas e unha horta ben coidada non se vive, en todo cado subsístese, e iso non é o rural ideal que se vende na publicidade. O que se precisa é garantir a lo menos uns ingresos estables ós gandeiros e agricultores, que agora mesmo están tamén a sufrir a suba de xuros e carburantes, mentres que os prezos que lles están a pagar polos seus produtos se manteñen, cando non baixan.
Por iso calquera medida para evitar o despoboamento rural debe ter como base a economía agraria, pero non tanto a que acabe por favorecer a concentración, porque aínda que resulte máis rendible non consegue fixar poboación naqueles lugares onde se precisa.
Claro que se temos en conta que a última revolución da que se poderían ter aproveitado os veciños do rural galego, a explotación dos parques eólicos, non foi levada con xeito e foron as empresas eléctricas a únicas beneficiadas, decatarémonos de que dende as administracións, ademais de campañas informativas, pouco máis se está a facer por conseguir que as estatísticas muden. E é que de momento as únicas zonas rurales que están a aumentar a poboación son aquelas que están preto das capitais, onde por riba as urbanizacións de chalés están a invadir un xeito de vida en extinción.

2 Comentarios a “Crise no rural”

  1. Paco

    Lo de te veo venir lo digo porque ahora utizará el argumento puesto en bandeja por cfño para justificarse.

  2. Bertram Sokolik

    One other issue is that if you are in a circumstance where you do not have a cosigner then you may really need to try to exhaust all of your educational funding options. You can find many awards and other scholarships and grants that will supply you with finances to help you with college expenses. Thx for the post.