Falar barato
Ser respectuoso ten que ver coa virtude tolerante que se lle supón a unha persoa cunha mínima educación. Calquera reivindicación merece a lo menos ser escoitada, pero tamén contestada cando se cre que non leva xeito ou que simplemente está deseñada para fomentalo barullo ou se cadra ata para rirse de alguén. E así é como algúns vemos a campaña posta en marcha por un grupo de intelectuais en defensa dunha lingua, o castelán, que segundo eles está en risco, e que na actualidade falan ata 400 millóns de persoas no mundo. Bastaría con este último dato para deixar de falar deste tema, se non fose porque como di o manual do perfecto manipulador, as mentiras a forza de repetilas poden acabar por ser verdade.
A campaña semella estar dirixida sobre todo cara á comunidade na que mellor se soubo aplicar o proceso de normalización lingüística, como é Catalunya, e que a nivel educativo mantén un nivel de desenvolvemento que xa quixeran outras administracións. Ademais, son moitas as facilidades para apreder catalán, unha lingua latina que en menos dun mes calquera hispanofalante pode chegar a entender só con escoitar a televisión sen necesidade de subtítulos. Agora ben, a queixa vén porque se di e os monolingües teñen dereito a escoitar falar e ler carteis en castelán cando están en Catalunya, Galicia ou Euskadi, algo que de feito xa se da, aínda que piden que a lei así o esixa.
Pero a realidade cotiá é ben distinta, tamén en Catalunya, unha das comunidade onde por certo se está a notar máis a chegada de inmigrantes, un colectivo que pese a representar xa casi o dez por cento da poboación española non levantou a voz contra ó plurilingüismo de España. En Galicia por exemplo aínda non hai centros escolares onde se imparta o ensino só en galego, algo que si ocorre en Euskadi, pero en calquera gran cidade española temos colexios ingleses, franceses ou alemáns. O bable por exemplo nin se estuda en Asturias e nin siquiera ten consideración de lingua. Agora ben, dise que o castelán está ameazado porque a asignatura de Lengua Castellana ten unha hora máis ou menos á semana nos centros escolares, cando fóra, ben en internet, na televisión ou na rúa, ten case as 24 horas do día.
Claro que se do que se trata é de defender que todos os españois falen e escriban correctamente no idioma castelán, pois seguro que atoparán moitas adhesións, porque esta é unha teima que todos deberiamos ter non só coa lingua de Cervantes, senón tamén coa de Rosalía, Shakespeare, Hugo ou Pessoa. Pero coido que aqueles que se atan ó monolingüismo pouco lles importa logo o que lles ocorra ós demais. Para eles o abc está no seu embigo.
1 de Maio , 2011 - 17:37 pm
One important thing is that when you are searching for a student loan you may find that you will want a cosigner. There are many situations where this is true because you will find that you do not possess a past credit ranking so the mortgage lender will require that you’ve got someone cosign the financing for you. Great post.
2 de Maio , 2011 - 8:01 am
I dugg your post! Thanks again for your post!
14 de Maio , 2011 - 20:58 pm
Many thanks for making the effort to talk about this, I feel strongly about this and love studying a great deal more on this subject. If possible, as you gain expertise, would you mind updating your webpage with a great deal more information? It’s very useful for me.