Vivendas habitables

Esta semana entraron en vigor en Galicia as chamadas Normas do Hábitat, impulsadas pola Consellería de Vivenda para definir un modelo de construción sostible e, sobre todo, que posibilite uns fogares máis accesibles, cómodos e dignos. O que nunha sociedade moderna debería considerarse como un avance nos dereitos dos cidadáns é considerado sen embargo por algúns sectores como un atranco para a economía, sendo neste caso os máis críticos coa nova normativa os empresarios da construción e a promoción, é dicir, aqueles que simplemente se terían que adicar a cumplir e lexislación e a vender; porque que se saiba, a xente e se cadra tamén os profesionais da especulación inmobiliaria van seguir mercando pisos e casas, malia que agora a crise estea a ralentizar o mercado.
Os razonamentos do sector son tan desafiantes que ameazan con irse a construír fóra de Galicia se non o poden facer como eles queren, e un pregúntase logo se van deixar este millonario negocio en mans de empresas foráneas. Pois claro que non, o que pasa é que o cabreo vén por parte daqueles que fixeron acopio de solo durante os últimos anos e quizá agora non poderán aproveitalo dun xeito tan rendible, porque, por exemplo, desaparecerán as habitacións cegas ou baños interiores, as medidas das estancias terán uns mínimos e evitaránse as orientacións cara o norte para impedir humidades. Ou sexa, que onde antes podíanse colocar en planta de 200 metros cadrados, a razón de 200.000 euros por piso, agora arquitectos e construtores terán que axustarse á normativa e deseñar espazos habitables.
O prezo da vivenda seguramente se incrementará, aínda que mercado debería ser quen de regular os abusos. De todos os xeitos, o comprador terá a vantaxe de que a mercancía que compra vaille seguramente aforrar cartos co paso dos anos en gasto enerxético e, por riba de todo, vai mellorar a súa calidade de vida con respecto a unha vivenda desas feitas a destaxo en época de febre inmobiliaria e a golpe de convenio urbanístico co concello de turno.
A provincia de Lugo ten ademais a característica de que aínda sen teñen que aprobar a maioría de plan de ordenamento municipal, polo que os novos PXOMs van ter que recoller todas estas novidades impulsadas pola Xunta. Claro que no caso da capital, esta circunstancia suporá un novo retraso na aprobación dun plan impulsado hai xa 13 anos e no que os grupos políticos non se acaban de poñer dacordo para sacalo adiante.
As Normas do Hábitat, que ata o presidente Touriño di defender con “paixón”, seguramente non son un catecismo para a construción sostible, pero xunto coa Lei do Solo, e outras normativas de edificación e proteción do entorno poden contribuír a evitar o feísmo e o todo vale que estaba a imperar en Galicia.

32 Comentarios a “Vivendas habitables”

  1. Sandra

    Buen artículo.
    Solo estoy en desacuerdo con su afirmación de que en el PXOM de Lugo los grupos políticos no se acaban de poner de acuerdo.
    El año pasado tras la última reunión de los grupos políticos (14 de diciembre) se llegaron a acuerdos como hacer un acceso a Lugo desde la Campiña, suprimir lo acordado para entreplantas y áticos aprobado en el PXOM inicial, no hacer polígonos de actuación en la zona sur de las Gándaras, etc.
    Pero sorprendentemente en el PXOM incompleto remitido por las redactoras estos cambios acordados por los 3 grupos políticos no se recogen.
    El sr. Liñares para justificar esto puso unas excusas de mal pagador como que Renfe protestó por el acceso a Lugo desde la campiña o que había viajado a Madrid y las redactoras le habían convencido con la ley del Suelo.
    Las protestas de Renfe sólo las conoce él porque nadie ha oido hablar de ellas y la ley del Suelo es la misma que regía el año pasado cuando ni grupos políticos ni redactoras pusieron pegas para introducir esos cambios.
    El único que no quiere ponerse de acuerdo y que no respeta los acuerdos aprobados es un grupo político, el PSOE representado por Orozco y Liñares.
    Las reuniones de la semana pasada sólo sirvieron para llegar a los mismos acuerdos en las ordenanzas de edificación a que se habían llegado en 2007.
    Y todo esto está en la propia hemeroteca del Progreso.

  2. Anónimo