Parón na industria do lume
Mércores, 26 de Outubro, 2011Coa chegada da proverbial chuviscada, tamén bota o peche a industria do lume, que cada ano devora os orzamentos da Consellería de Medio Rural para contratar peonadas, carrocetas, avións e helicópteros que non terían razón de ser se houbese esa xestión eficaz e sostible do monte. Esa mesma promesa incumprida que fai anos realizaba en Pontevedra e manguerita en man xunto a unha fogata o actual presidente galego.
Coa chegada das choivas agora polo menos poderán seguir de vacacións ou irse a ver partidos ao Bernabéu coa conciencia tranquila aqueles altos cargos da Xunta aos que non lles altera que se arrase o monte mentres o lume non lles toque os seus cotos de caza ou o ‘fin de semana’ da leira. Galicia xa non arde, pero por desgraza sempre cheira a chamusquina.